Amosando publicacións coa etiqueta Programa Vixia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Programa Vixia. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de novembro de 2023

O Programa Vixía: Charla-obradoiro sobre habilidades sociais

O pasado venres 10 e tamén o venres 17, vivimos unha experiencia enriquecedora no noso colexio ao recibir de novo unha visita enmarcada no Programa "Vixía" do Concello de Ourense. Recibimos a  Félix, un educador social especializado na adolescencia. O título da súa charla foi "Habilidades sociais e desenvolvemento físico, psíquico e social", un tema de suma relevancia para o noso alumnado.

Durante dúas sesións, Félix abordou cuestións diversas cun enfoque participativo, empregando dinámicas e charlas que captaron a atención de todos. Exploramos condutas de risco propias da adolescencia, reflexionamos sobre a violencia en diferentes ámbitos e as súas duras consecuencias, facendo especial énfase na problemática da violencia de xénero. A conversa incluíu a perspectiva tanto do alumnado como do profesorado, centrándose especialmente no ámbito da educación emocional.

Falamos abertamente sobre os nosos gustos e desagrados, descubrindo que, en realidade, estamos todos máis próximos do que imaxinamos. Félix guiounos pola importancia de entender as diferenzas como unha virtude, destacando que o beneficio recae no recoñecemento da diversidade. Profundizamos nas redes sociais e na súa influencia nas nosas vidas, comprendendo que o proceso de aprendizaxe é, en esencia, social, requirindo compartir e colaborar en conxunto. Aprendemos sobre o respecto mutuo como base para chegar a acordos, a necesidade de ceder en determinadas ocasións, e como as emocións desempeñan un papel fundamental no noso comportamento.

Estas charlas resultaron ser unha experiencia impactante e enriquecedora para todos e todas as participantes, facéndonos reflexionar sobre a importancia dunha convivencia positiva no noso entorno. Desexamos sinceramente que esta experiencia poida repetirse no futuro, xa que consideramos que é esencial para o crecemento e desenvolvemento integral do alumnado.


venres, 3 de marzo de 2023

ÚLTIMA CHARLA DO PROGRAMA VIXÍA NO NOSO CENTRO: PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS

 


Tras recibir varias charlas no noso colexio, o pasado luns 27 de febreiro rematamos ca última charla do PROGRAMA VIXÍA DO CONCELLO impartida por Estela, unha psicóloga que nos ofreceu información moi importante acerca das adiccións e a súa prevención. 

Dita charla, dirixida ao alumnado de 2ºESO abordou información relativa as consecuencias físicas e psicolóxicas das drogas e como debemos identificar as adiccións das diferentes substancias. 

Alén de, Estela comentou en qué consiste autoconcepto e autoestima e ofreceunos tips de como crear pensamentos positivos para mellorar o noso autoconcepto día a día.

Grazas Estela,  e a todas e todos os profesionais que forman parte do PROGRAMA VIXÍA!


luns, 27 de febreiro de 2023

O PROGRAMA VIXÍA CONTINÚA: AS TIC E OS RISCOS ASOCIADOS

 

O pasado xoves 23 de febreiro o alumnado de 6ºEP desfrutou da visita de Cristina, especialista do Programa Vixía do Concello de Ourense, que nos explicou dunha maneira moi dinámica os riscos asociados ao uso das TIC.

A charla ofreceu ao noso alumnado información sobre os diferentes perigos que podemos atopar en Internet e nas Redes Sociais, así como aspectos relevantes sobre o ciberbullying e tips para mellorar a nosa privacidade, tendo en conta a información persoal que moitas veces compartimos  en Internet.

Debemos ter en conta que as Redes Sociais forman parte do día a día dos adolescentes, porén en moitos casos o seu uso implica unha intensidade que pode chegar a xerar interferencias serias en relación ao benestar físico e emocional.

Asemade, os riscos asociados non deben obviarse, xa que debemos ter en conta que a prevención é un aspecto fundamental.

Calquera iniciativa, como a  que desfrutamos o xoves, é realmente necesaria para dotar a alumnas e alumnos de información relevante para a abordaxe desta problemática.



venres, 10 de febreiro de 2023

Programa Vixía do Concello de Ourense

 O presente curso, o noso colexio participa no Programa “Vixía” de prevención e promoción da saúde, promovido polo Concello de Ourense, que pretende evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos e adiccións. 

Este luns comezábamos as charlas programadas, da man de Marisol (nutricionista) co alumnado de 3ºESO. Abordamos aspectos relacionados cos trastornos alimentarios e da inxesta de alimentos. Profundizamos nos tipos de trastornos, os danos que conlevan a nivel físico e psicolóxico e cales son as causas dos mesmos.






      Por outra banda, o xoves o alumnado de 4ºESO contou coa presenza de Félix (Educador Social) co que coñecimos aspectos moi relevantes e necesarios das Habilidades Sociais e a súa relación coa prevención da violencia en todos os seus ámbitos. Asemade, profundizamos sobre os diferentes estilos de comunicación e en especial...sobre a ASERTIVIDADE!



    Foi un pracer escoitar a estes grandes relatores, que aportaron información moi necesaria para visualizar, dende un prisma PREVENTIVO, diferentes problemáticas relavantes para mozos e mozas.