Amosando publicacións coa etiqueta valores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta valores. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de novembro de 2023

25N 2023

 Durante esta semana, dende o Departamento de Orientación traballamos en prol da  conmemoración dunha  causa de suma importancia: o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

No centro todo o alumnado das diferentes etapas educativas colaborou na creación dun mural testemúño visual da nosa solidariedade e compromiso coa erradicación da violencia de xénero. Cada elemento reflicte a diversidade da nosa comunidade educativa e subliña a nosa determinación para construír un espazo seguro e respectuoso para todos.

Máis alá da expresión artística, tamén levamos a cabo charlas educativas destinadas ao alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria. Abordamos diversos aspectos da violencia de xénero, como o concepto, os diferentes tipos e as consecuencias que parten dunha raíz común. A nosa meta é sensibilizar e educar para construír unha comunidade informada e comprometida.

Ao compartir estas experiencias, enfatizamos a necesidade dunha linguaxe inclusiva que reflicta o noso compromiso coa diversidade. Evitamos estereotipos de xénero e utilizamos un discurso que recoñece e respecta a pluralidade de identidades presentes no noso colexio. Creemos firmemente que unha linguaxe respetuosa é esencial para construír un ambiente educativo inclusivo e igualitario.

En resumo, esta semana de conmemoración non só nos insta a recordar, senón tamén a actuar. O noso mural e as charlas son pasos concretos na construción dun colexio onde a violencia de xénero non ten cabida e onde cada persoa se sente valorada.

Agradecemos a cada un de vós pola vosa participación activa e compromiso coa construción dun futuro máis xusto e igualitario.

venres, 31 de marzo de 2023

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha data que ten como obxectivo visibilizar ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover a súa participación social como cidadáns e cidadás de pleno dereito. 

Abofé a comunidade educativa,  somos un axente clave neste día, pola capacidade que temos para promover entre o noso alumnado actividades que contribúan a visibilizar o TEA e comprender as necesidades e capacidades das persoas con dito trastorno. 

É preciso que traballemos en prol de difundir información sobre en qué consiste o TEA, co gallo de loitar contra os mitos que en numerosas ocasións están asociados a dito trastorno. 

Dende o noso centro, realizamos actividades de sensibilización e preparamos un photocall para realizar fotos, que o vindeiro domingo difundiremos mediante o #ChamémoloPoloSeuNome.


“Temos que aprender a ver o mundo cos ollos dunha persoa con autismo. Cando sexamos capaces de comprender por que a vida resúltalles difícil, poderemos mover obstáculos e desenvolver respecto polos esforzos que fan para sobrevivir entre nós” 

Theo Peeters

venres, 3 de marzo de 2023

ÚLTIMA CHARLA DO PROGRAMA VIXÍA NO NOSO CENTRO: PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS

 


Tras recibir varias charlas no noso colexio, o pasado luns 27 de febreiro rematamos ca última charla do PROGRAMA VIXÍA DO CONCELLO impartida por Estela, unha psicóloga que nos ofreceu información moi importante acerca das adiccións e a súa prevención. 

Dita charla, dirixida ao alumnado de 2ºESO abordou información relativa as consecuencias físicas e psicolóxicas das drogas e como debemos identificar as adiccións das diferentes substancias. 

Alén de, Estela comentou en qué consiste autoconcepto e autoestima e ofreceunos tips de como crear pensamentos positivos para mellorar o noso autoconcepto día a día.

Grazas Estela,  e a todas e todos os profesionais que forman parte do PROGRAMA VIXÍA!


luns, 12 de decembro de 2022

Día Internacional dos Dereitos Humanos


Todas as persoas merecemos ser respetadas e valoradas. Independentemente de onde nacemos, o que teñamos e o que creamos ou pensemos. Independentemente de  que camiñemos cas nosas pernas ou nunha cadeira de rodas, ou do noso sexo. Independentemente de a quen elixamos amar, da cor da nosa pel, ou da nosa idade.


O pasado sábado 10 de decembro, conmemorouse o Día Internacional dos Dereitos Humanos; data na que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en 1948, elabora a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que é un documento histórico que proclama os dereitos que lle corresponden a toda persoa como ser humano. 




Dende o noso cole, e apoiados na recente obra publicada a principios de este ano, por Yayo Herrero e Luis Demano, o alumnado de 3º ESO A reflexionou sobre a importancia dos DEREITOS HUMANOS, guiados pola profesora de Xeografía e Historia, Mº Jesús Corral. 





Alumnos e alumnas visionaron diversos vídeos explicativos dos diferentes dereitos, descubrindo a orixe dos mesmos. Entre outros, descubriron un  dos primeiros intentos por establecer dereitos universais: O Cilindro de Ciro. Alén de, profundizaron no tema a través dunha exposición realizada pola da profesora. 



Coñecer os Dereitos Humanos é un contido transversal e esencial para a nosa educación. Sen dúbida, debemos ter claro que todas as vidas son importantes e merecemos vivilas satisfactoriamente.

luns, 31 de xaneiro de 2022

IMAGINA

 

Dende o noso centro educativo, impulsamos dende a óptica da paz, e de maneira transversal, a incorporación de diferentes valores, como é a NON VIOLENCIA.



Asemade, non podemos obviar a conmemoración que se leva a cabo o 30 de Xaneiro de cada ano,  dende 1964 : O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. 

Unha xornada de apoio a unha educación non violenta e pacificadora, que se celebra no aniversario da morte de Matahma Gandhi.



Dende o Departamento de Orientación, compartimos a letra (ca súa tradución e o enlace a un vídeo dunha versión realizada por UNICEF) da canción de Imagine, escrita por Jonh Lennon e Yoko Ono. Esta canción foi lanzada en 1971 e versionada por moitísimos/as artistas, convertíndose nun himno de PAZ.

 


Imagine there's no heaven

It's easy if you try

No hell below us

Above us only sky

Imagine all the people

Living for today

Imagine there's no countries

It isn't hard to do

Nothing to kill or die for

And no religion too

Imagine all the people

Living life in peace

You may say, I'm a dreamer

But I'm not the only one

I hope someday you'll join us

And the world will be as one

Imagine no possessions

I wonder if you can

No need for greed or hunger

A Brotherhood of man

Imagine all the people

Sharing all the world.

 

 

 

Imagina que no hay paraíso

es sencillo si lo intentas

No hay infierno bajo nosotros

Y arriba solo tenemos el cielo

Imagina a toda la gente

Viviendo para el día de hoy

Imagina que no hay países

No es tan difícil de hacer

Nada por qué matar ni por qué morir

Y ninguna religión tampoco

Imagina a toda la gente

Viviendo en paz

Puedes decir que soy un soñador

Pero no soy el único

Espero que un día te unas a nosotros

Y el mundo entonces será mejor

Imagina que no haya propiedad

Me pregunto si tú puedes

No necesitar ganancias ni tener hambre

Una hermandad de seres humanos

Imagina a toda la gente

Compartiendo todo el mundo

venres, 26 de marzo de 2021

CHARLAS-TALLER SOBRE CONVIVENCIA Y USO RESPONSABLE DEL ENTORNO VIRTUAL

CONVIVENCIA Y USO RESPONSABLE DEL ENTORNO VIRTUAL

Esta semana, un Técnico de los centros QUÉROTE (servicio de información y asesoramiento a la Juventud de la Xunta de Galicia) se acercó a nuestro centro educativo para impartir unos Talleres muy interesantes a los alumnos de 3º y 4º de la ESO respectivamente.



La temática del Taller con el alumnado de 3º de la ESO giró entorno al Uso seguro y responsable del entorno virtual. El mundo virtual, a través de las redes sociales, representa a día de hoy uno de los espacios de socialización más significativo para la juventud. La posibilidad de estar permanentemente en línea y acceder a una gran cantidad de recursos e información, convierte este espacio digital en un entorno en la que se trasladan hechos, eventos, emociones y mismo conflictos. Por lo tanto, se vuelve preciso el abordaje socio-educativo que dote a la juventud de herramientas para un uso y gestión positiva de los entornos virtuales, evitando además situaciones negativas y perjudiciales.









Asimismo, en las aulas de 4º de la ESO se ha realizado el Taller sobre Convivencia y relaciones sociales. En los centros de enseñanza se establecen vínculos con el grupo de iguales, se comparten experiencias y momentos significativos en el proceso de construcción personal. Como espacios de convivencia que son, también surgen conflictos y, a veces, estos pueden llevar la que los chicos y chicas se sientan heridos/las y agredidos/las por conductas y problemas con sus compañeros y compañeras. Dependerá de cómo se aborden los conflictos, que estos puedan resultar negativos, o bien convertirse en una oportunidad para aprender.





venres, 21 de decembro de 2018

La importancia del respeto y la tolerancia

Como parte de la materia Valores Éticos, hemos reflexionado acerca de cómo potenciar valores como el respeto y la tolerancia, claves para todas las etapas de la vida. Aquí tenéis el resultado:





¡Enhorabuena, chicos!