Queridas familias:
Xa está publicada a convocatoria das Bolsas NEAE para o curso 2026-2027, dirixidas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Estas axudas teñen como finalidade colaborar con determinados gastos vinculados á escolarización, á atención educativa específica ou á participación en programas complementarios, segundo a situación de cada alumno ou alumna.
Quen pode solicitalas?
Poden solicitar estas bolsas as familias do alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo asociada a algunha destas situacións:
- Discapacidade, con certificado igual ou superior ao 25%.
- Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).
- Trastornos Graves de Conduta (TGC).
- Trastornos graves da comunicación e da linguaxe.
- Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), cando este se asocie a discapacidade, TGC ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe.
- Altas Capacidades Intelectuais.
Que tipo de axudas se poden solicitar?
A convocatoria contempla diferentes conceptos de axuda, entre eles:
- Ensino.
- Transporte urbano ou interurbano.
- Comedor escolar.
- Residencia escolar.
- Libros e material didáctico.
- Reeducación pedagóxica.
- Reeducación da linguaxe.
- Subsidio fixo para gastos adicionais de carácter xeral.
- Programas específicos para alumnado con altas capacidades intelectuais.
É importante lembrar que non todas as axudas corresponden en todos os casos. A concesión dependerá da situación persoal, familiar, educativa e económica do alumno ou alumna, así como da documentación presentada.
Prazo de solicitude
O prazo ordinario para presentar a solicitude será:
Do 19 de maio de 2026 ás 8:00 h ata o 10 de setembro de 2026 ás 15:00 h.
Só poderán admitirse solicitudes fóra dese prazo cando a necesidade xurda con posterioridade, estea debidamente acreditada e non admita demora. Nestes casos, a data límite será o 31 de xaneiro de 2027.
Como se solicitan?
A solicitude debe realizarse preferentemente de forma telemática, a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Unha vez cuberta, deberá ser asinada e enviada polo procedemento establecido. É moi importante gardar o resgardo de presentación, xa que serve como xustificante de que a solicitude foi presentada correctamente.
Desde o centro animamos ás familias que consideren que poden cumprir os requisitos a revisar a convocatoria con calma e iniciar o trámite dentro do prazo establecido. Ante calquera dúbida, poden contactar co Departamento de Orientación, desde onde se poderá orientar no proceso e informar sobre a documentación que debe constar no expediente educativo.
.png)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpg)








.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




