Blog do Departamento de Orientación do Colexio Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
xoves, 16 de febreiro de 2023
ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL: A FORMACIÓN PROFESIONAL
mércores, 15 de febreiro de 2023
ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL: O BACHARELATO
Durante o mes de xaneiro, dende o Departamento de Orientación realizamos varias charlas co obxectivo de favorecer o proceso de TOMA DE DECISIÓNS de cara a finalización da etapa da ESO.
Tomar decisións supón un proceso necesario que nos permite chegar a un fin satisfactorio. Trátase dun proceso continuo de carácter cognitivo e emocional, a través do cal chegamos a tomar unha DECISIÓN, sendo esta una elección consciente e reflexiva entre varias alternativas.
Por este motivo, consideramos necesario proporcionar información relativa ás diferentes traxectorias académicas que ofrece o noso sistema educativo, especificando a oferta educativa da nosa cidade, provincia e comunidade autónoma.
Neste senso, e en primeiro lugar, afondaremos nunha das opcións que temos ao finalizar a ESO: O BACHARELATO.
Esta etapa, pertence a ensinanza postobrigatoria, cuxo obxectivo é proporcionar formación, madureza intelectual e humana, coñecemento, habilidades e actitudes que permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida con responsabilidade e aptitude. Alén de, esta etapa deberá permitir a adquisición e o logro das competencias indispensables para o futuro formativo e profesional, e capacitar para a educación superior.
Tras rematar esta etapa, e trala proba da ABAU poderemos ter acceso á UNIVERSIDADE; ou ben, a un CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR.
Coa actual reforma educativa, o Bacharelato esta a mudar, atopando novas modalidades:
Co gallo de ofrecer máis información sobre as modalidades e as asignaturas que as compoñen, recuperamos información do Blogue de Orientación Educativa de Mónica Diz (referente na nosa comunidade), onde podemos visualizar as materias comúns, de modalidade, de opción e optativas na nosa comunidade autónoma:
Ánimo, é un proceso de reflexión sosegada.
E recordade que dende o Departamento de Orientación, quedamos a vosa disposición para calquera dúbida.
venres, 10 de febreiro de 2023
Programa Vixía do Concello de Ourense
O presente curso, o noso colexio participa no Programa “Vixía” de prevención e promoción da saúde, promovido polo Concello de Ourense, que pretende evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos e adiccións.
Este luns comezábamos as charlas programadas, da man de Marisol (nutricionista) co alumnado de 3ºESO. Abordamos aspectos relacionados cos trastornos alimentarios e da inxesta de alimentos. Profundizamos nos tipos de trastornos, os danos que conlevan a nivel físico e psicolóxico e cales son as causas dos mesmos.
Por outra banda, o xoves o alumnado de 4ºESO contou coa presenza de Félix (Educador Social) co que coñecimos aspectos moi relevantes e necesarios das Habilidades Sociais e a súa relación coa prevención da violencia en todos os seus ámbitos. Asemade, profundizamos sobre os diferentes estilos de comunicación e en especial...sobre a ASERTIVIDADE!
Foi un pracer escoitar a estes grandes relatores, que aportaron información moi necesaria para visualizar, dende un prisma PREVENTIVO, diferentes problemáticas relavantes para mozos e mozas.
xoves, 26 de xaneiro de 2023
Taller de educación emocional en 5º de primaria
La clase de 5º de primaria ha participado en un taller de educación emocional conducido por uno de sus alumnos, Aitor, que ha explicado a sus compañer@s cómo gestionar emociones como la ira a través de las llamadas “botellas de la calma”, cuyo funcionamiento ayuda a entender todo lo que pasa en nuestra mente cuando pasamos de un estado de enfado a la calma. ¡Muchas gracias, Aitor! ¡Nos ha encantado!
martes, 24 de xaneiro de 2023
24 de xaneiro: Día Mundial da Educación
luns, 12 de decembro de 2022
Día Internacional dos Dereitos Humanos
Todas as persoas merecemos ser respetadas e valoradas. Independentemente de onde nacemos, o que teñamos e o que creamos ou pensemos. Independentemente de que camiñemos cas nosas pernas ou nunha cadeira de rodas, ou do noso sexo. Independentemente de a quen elixamos amar, da cor da nosa pel, ou da nosa idade.
O pasado sábado 10 de decembro, conmemorouse o Día Internacional dos Dereitos Humanos; data na que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en 1948, elabora a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que é un documento histórico que proclama os dereitos que lle corresponden a toda persoa como ser humano.
Dende o noso cole, e apoiados na recente obra publicada a principios de este ano, por Yayo Herrero e Luis Demano, o alumnado de 3º ESO A reflexionou sobre a importancia dos DEREITOS HUMANOS, guiados pola profesora de Xeografía e Historia, Mº Jesús Corral.
Alumnos e alumnas visionaron diversos vídeos explicativos dos diferentes dereitos, descubrindo a orixe dos mesmos. Entre outros, descubriron un dos primeiros intentos por establecer dereitos universais: O Cilindro de Ciro. Alén de, profundizaron no tema a través dunha exposición realizada pola da profesora.
Coñecer os Dereitos Humanos é un contido transversal e esencial para a nosa educación. Sen dúbida, debemos ter claro que todas as vidas son importantes e merecemos vivilas satisfactoriamente.
sábado, 3 de decembro de 2022
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Cada 3 de decembro celébrase o Día Mundial das Persoas con Discapacidade, unha iniciativa das Nacións Unidas para concienciarnos sobre necesidade de lograr a igualdade de dereitos e unha inclusión real das persoas con discapacidade.
Por este motivo, o alumnado de primaria asistíu a unha charla impartida por Sara, a nosa PT, sobre a diferencia funcional, as principais barreiras ás que se enfrontan as persoas con diferentes abilidades e como axudar a lograr unha inclusión real.
Tamén participaron en probas físicas que lles axudaron a entender como é o mundo das persoas con diferentes discapacidades.
Por un mundo máis inclusivo e xusto para todos!




















.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)