xoves, 17 de febreiro de 2022

Mural pola inclusión

 Encántanos este mural que celebra a inclusión creado polo alumnado de 4º ESO-B logo de levar a cabo a 4º unidade do noso Plan de Benestar Emocional. Parabéns!



martes, 15 de febreiro de 2022

E despois de ESO...que?

 

Tal e como afirmaba Stephen Covey..

 “Non son produto das miñas circunstancias, son produto das miñas decisións”.

A orientación educativa ten un papel relevante no apoio e no asesoramento do desenvolvemento vocacional do alumnado, que se intensifica en momentos puntuais de cambios ou cursos terminais no noso sistema educativo.

Por este motivo, dende o Departamento de Orientación, consideramos imprescindible dotar da información necesaria aos nosos alumnos e alumnas, para promover a madureza vocacional para a toma de decisións autónomas e responsables.

Neste senso, a semana pasada, realizamos charlas co alumnado de 4ºESO de cara a ofrecer información sobre as alternativas do Bacharelato, os graos dispoñibles nas Universidades Galegas e a oferta educativa que emerxe dende a FP.



Ademais, realizamos un cuestionario de intereses vocacionais, co obxectivo de que cada alumno/a descubra cales son as súas fortalezas en relación coas diferentes familias profesionais.



RECORDADE!

A propia elección dos camiños a tomar, debe resolverse a través dun proceso sosegado, reflexivo e COA INFORMACIÓN NECESARIA!

Dende o Departamento de Orientación, quedamos a disposición de toda a comunidade educativa, e especialmente de todo o noso alumnado, para colaborar neste proceso de toma de decisións, a través dun asesoramento individualizado.

NON DUBIDES!

CONTACTA CA ORIENTADORA!

TOMA DECISIÓNS!

venres, 11 de febreiro de 2022

5ª unidade do Plan de Benestar Emocional: "Bicos de lápis, bicos de picas"

 O alumnado de 2º de ESO-B ven de levar a cabo a 5ª unidade do nos Plan de Benestar Emocional “Bicos de lapis, bicos de picas” coa que reflexionar do porque manter a distancia de seguridade nestes tempos de COVID para poder estar cada día máis cerca. 




Ademais, vimos a curtametraxe "Boundin, la oveja rapada", unha bonita historia sobre como xestionar as emocións negativas e poder así ser máis resilientes.