venres, 17 de decembro de 2021

3ª unidade do Plan de Benestar Emocional: "O Poder da Música"

 Moitas grazas ao profe de música, Rafa, por un inspiradoiro obradoiro no que reflexionamos sobre o poder da música para identificar, expresar e intensificar emocións, algo clave para poder xestionalas de forma eficaz e ser capaces de vivir con máis plenitude.

Velaquí varias imaxes do obradoiro en diferentes niveis da ESO:










venres, 10 de decembro de 2021

¿Dereitos Humanos?

 

¿Dereitos Humanos? Estou segura de que estas acostumado/a a escoitar falar deles…, pero se tiveras de dicir cales son… probablemente xurdan dúbidas.



Hoxe, 10 de decembro, conmemórase o Día Internacional dos Dereitos Humanos; data na que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en 1948, elabora a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que é un documento histórico que proclama os dereitos que lle corresponden a toda persoa como ser humano. Este documento está dispoñible en máis de 500 linguas, e é o documento máis traducido en todo o mundo.

Os Dereitos Humanos son universais e inalienables. En todas partes do mundo, todas as persoas teñen dereito a eles. Ninguén pode renunciar voluntariamente aos seus dereitos, e ninguén pode arrincarllos a outra persoa. Tal e como determina o seu primeiro artigo: TODOS OS SERES HUMANOS NACEN LIBRES E IGUAIS EN DIGNIDADE E DEREITOS E, DOTADOS COMO ESTÁN DE RAZÓN E CONSCIENCIA, DEBEN COMPORTARSE FRATERNALMENTE UNS CON OUTROS.

Co obxectivo de afondar no tema, e coñecer máis a historia deste día tan importante para a sociedade, dende o Departamento de Orientación queremos compartir con vos o seguinte docuvídeo.

¿QUE SON OS DEREITOS HUMANOS?


Por último e citando a Mahatma Gandhi, recorda....

“NON HAI CAMIÑO DE CARA Á PAZ, A PAZ É O CAMIÑO”

 

 

venres, 3 de decembro de 2021

Día Internacional da Discapacidade

 

A conmemoración anual do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, foi proclamada en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. 

O obxectivo fundamental da conmemoración é  promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación na nosa sociedade actual.



Recordemos... a accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos FUNDAMENTAIS.

A continuación compartimos o enlace do vídeo da FUNDACIÓN ONCE "LOS COLORES DE LAS FLORES". 

Este vídeo conta a historia de Diego, un neno cego que estuda nun colexio ordinario do seu barrio e que, cada día, ao igual cos seus compañeiros e compañeiras, participa nas clases, deberes e xogos. 

Un día, a profesora encarga unha tareda....que Diego supera con esforzo e imaxinación. Unha tarefa que Diego supera, como un alumno mais. 

ONCE Educación - Los colores de las flores