luns, 27 de febreiro de 2023

O PROGRAMA VIXÍA CONTINÚA: AS TIC E OS RISCOS ASOCIADOS

 

O pasado xoves 23 de febreiro o alumnado de 6ºEP desfrutou da visita de Cristina, especialista do Programa Vixía do Concello de Ourense, que nos explicou dunha maneira moi dinámica os riscos asociados ao uso das TIC.

A charla ofreceu ao noso alumnado información sobre os diferentes perigos que podemos atopar en Internet e nas Redes Sociais, así como aspectos relevantes sobre o ciberbullying e tips para mellorar a nosa privacidade, tendo en conta a información persoal que moitas veces compartimos  en Internet.

Debemos ter en conta que as Redes Sociais forman parte do día a día dos adolescentes, porén en moitos casos o seu uso implica unha intensidade que pode chegar a xerar interferencias serias en relación ao benestar físico e emocional.

Asemade, os riscos asociados non deben obviarse, xa que debemos ter en conta que a prevención é un aspecto fundamental.

Calquera iniciativa, como a  que desfrutamos o xoves, é realmente necesaria para dotar a alumnas e alumnos de información relevante para a abordaxe desta problemática.



xoves, 16 de febreiro de 2023

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL: A FORMACIÓN PROFESIONAL

 



De novo, seguindo co establecido no anterior post, debemos abordar outra vía existente no noso sistema educativo:  A FORMACIÓN PROFESIONAL

O obxectivo da FP e adecuar as ensinanzas ás novas demandas do Mercado Laboral, tendo en conta os avances da sociedade, a inclusión das TIC,  a globalización de Mercados e as esixencias da Unión Europea. Así, a FP supón un conxunto de accións formativas que capacitan para o desempeño cualificado das profesións, o acceso ao emprego e a participación activa na vida social, cultural e económica. 



Tal e como desgranamos nas charlas realizadas, no actual curso 2022-2023 temos 23 familias profesionais de FP, que poderedes consultar no seguinte enlace:


Ademais, poderedes profundizar máis en cada un dos CICLOS FORMATIVOS de FP, a través da páxina oficial da Consellería:



Por último, co gallo de analizar dunha maneira máis visual as opcións que oferta a FP, propoñemos que revisedes o....



Para calquera dúbida, estamos a vosa disposición no Departamento de Orientación.

mércores, 15 de febreiro de 2023

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL: O BACHARELATO

 





Durante o mes de xaneiro, dende o Departamento de Orientación realizamos varias charlas co obxectivo de  favorecer o proceso de TOMA DE DECISIÓNS de cara a finalización da etapa da ESO.

Tomar decisións supón un proceso necesario que nos permite chegar a un fin satisfactorio. Trátase dun proceso continuo de carácter cognitivo e emocional, a través do cal chegamos a tomar unha DECISIÓN, sendo esta una elección consciente e reflexiva entre varias alternativas. 

Por este motivo, consideramos necesario proporcionar información relativa ás diferentes traxectorias académicas que ofrece o noso sistema educativo, especificando a oferta educativa da nosa cidade, provincia e comunidade autónoma.

Neste senso, e en primeiro lugar, afondaremos nunha das opcións que temos ao finalizar a ESO: O BACHARELATO

Esta etapa, pertence a ensinanza postobrigatoria, cuxo obxectivo é proporcionar formación, madureza intelectual e humana, coñecemento, habilidades e actitudes que permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida con responsabilidade e aptitude. Alén de, esta etapa deberá permitir a adquisición e o logro das competencias indispensables para o futuro formativo e profesional, e capacitar para a educación superior. 

Tras rematar esta etapa, e trala proba da ABAU poderemos ter acceso á UNIVERSIDADE; ou ben, a un CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR.

Coa actual reforma educativa, o Bacharelato esta a mudar, atopando novas modalidades:



Co gallo de ofrecer máis información sobre as modalidades e as asignaturas que as compoñen, recuperamos información do Blogue de Orientación Educativa de Mónica Diz (referente na nosa comunidade), onde podemos visualizar as materias comúns, de modalidade, de opción e optativas na nosa comunidade autónoma:




Abofé, tamén deixamos toda a información aportada dende a páxina da Consellería:


BACHARELATO GALICIA


Ánimo, é un proceso de reflexión sosegada. 

E recordade que dende o Departamento de Orientación, quedamos a vosa disposición para calquera dúbida.

venres, 10 de febreiro de 2023

Programa Vixía do Concello de Ourense

 O presente curso, o noso colexio participa no Programa “Vixía” de prevención e promoción da saúde, promovido polo Concello de Ourense, que pretende evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos e adiccións. 

Este luns comezábamos as charlas programadas, da man de Marisol (nutricionista) co alumnado de 3ºESO. Abordamos aspectos relacionados cos trastornos alimentarios e da inxesta de alimentos. Profundizamos nos tipos de trastornos, os danos que conlevan a nivel físico e psicolóxico e cales son as causas dos mesmos.






      Por outra banda, o xoves o alumnado de 4ºESO contou coa presenza de Félix (Educador Social) co que coñecimos aspectos moi relevantes e necesarios das Habilidades Sociais e a súa relación coa prevención da violencia en todos os seus ámbitos. Asemade, profundizamos sobre os diferentes estilos de comunicación e en especial...sobre a ASERTIVIDADE!



    Foi un pracer escoitar a estes grandes relatores, que aportaron información moi necesaria para visualizar, dende un prisma PREVENTIVO, diferentes problemáticas relavantes para mozos e mozas.