Boas novas!
Os alumnos de primaria únense ao programa de Alumnos Mediadores, un modelo de convivencia escolar con alumnos que sexan capaces de escoitar e acompañar a outros compañeiros nas súas necesidades, axudándolles con solucións equitativas e realistas. Con todo iso pretendemos introducir unha filosofía de xestión de convivencia baseada nas capacidades de negociación e respecto mutuo, para conseguir un clima equilibrado nas relacións interpersoais do noso centro.
Como o Programa vai dirixido
á toda a comunidade educativa, neste curso e como novidade, levarase a cabo a
elección e formación de Alumnos Mediadores na Educación Primaria, sendo os
Alumnos Mediadores da E.S.O os encargados de presentar o Programa ós máis
pequenos.
Velaquí algunhas fotos da presentación do noso Programa de Alumnos Mediadores para este curso 2020-2021, na que adescubrimos estratexias e técnicas de xestión de conflictos e de comunicación asertiva aprendidas no curso Erasmus + que fixo Diego Iglesias en Florencia. Grazas Diego!