xoves, 25 de novembro de 2021

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Hoxe é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. De maneira anual o 25 de novembro conmemorase este día, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.


    Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas, é unha das violacións dos dereitos humanos mais estendidas, persistentes e devastadoras do mundo. Rematar con ela, require esforzos enérxicos para loitar  contra a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas conlevan.


    O asasinato das irmas Mirabal, mais coñecidas como “as mariposas”, no 1960 en República Dominicana, deu orixe a esta data reivindicativa. O seu único crime foi loitar polos seus dereitos contra o ditador Rafael Leónidas Trujillo.


    Non foi ata o 1999, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o día de hoxe como o Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.


    Dende o noso centro educativo, sumámonos a esta data, condenando a violencia contra as mulleres, xa que a violencia de xénero é un problema de todas e de todos; e, polo tanto, todos debemos intentar derribar os muros que a sustentan, sen esquecer nunca que a lesión máis importante que produce a violencia de xénero é o atentado a dignidade das mulleres e aos dereitos iguais que temos todas as persoas.


    A continuación preséntase unha infografía cun enlace a “CARTAS DE AMOR”, unha proposta de actividades para a prevención da violencia de xénero a través de diferentes obras...


E recorda...NON ESTÁS SOA!!!



Enlace "IR Á GUÍA"

martes, 2 de novembro de 2021

Traballando a resiliencia en 4º ESO-A

  Os alumnos de 4º ESO-A tamén levaron a cabo coa súa titora, Beatriz Temes, a 1ª unidade do noso Plan de Benestar Emocional, que lles permitíu reflexionar sobre a resiliencia e intercambiar recomendacións para ser máis resilientes.




Velaquí unha recopilación da unidade en vídeo: