luns, 12 de decembro de 2022

Día Internacional dos Dereitos Humanos


Todas as persoas merecemos ser respetadas e valoradas. Independentemente de onde nacemos, o que teñamos e o que creamos ou pensemos. Independentemente de  que camiñemos cas nosas pernas ou nunha cadeira de rodas, ou do noso sexo. Independentemente de a quen elixamos amar, da cor da nosa pel, ou da nosa idade.


O pasado sábado 10 de decembro, conmemorouse o Día Internacional dos Dereitos Humanos; data na que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en 1948, elabora a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que é un documento histórico que proclama os dereitos que lle corresponden a toda persoa como ser humano. 




Dende o noso cole, e apoiados na recente obra publicada a principios de este ano, por Yayo Herrero e Luis Demano, o alumnado de 3º ESO A reflexionou sobre a importancia dos DEREITOS HUMANOS, guiados pola profesora de Xeografía e Historia, Mº Jesús Corral. 





Alumnos e alumnas visionaron diversos vídeos explicativos dos diferentes dereitos, descubrindo a orixe dos mesmos. Entre outros, descubriron un  dos primeiros intentos por establecer dereitos universais: O Cilindro de Ciro. Alén de, profundizaron no tema a través dunha exposición realizada pola da profesora. 



Coñecer os Dereitos Humanos é un contido transversal e esencial para a nosa educación. Sen dúbida, debemos ter claro que todas as vidas son importantes e merecemos vivilas satisfactoriamente.

sábado, 3 de decembro de 2022

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 Cada 3 de decembro celébrase o Día Mundial das Persoas con Discapacidade, unha iniciativa das Nacións Unidas para concienciarnos sobre necesidade de lograr a igualdade de dereitos e unha inclusión real das persoas con discapacidade.

Por este motivo, o alumnado de primaria asistíu a unha charla impartida por Sara, a nosa PT, sobre a diferencia funcional, as principais barreiras ás que se enfrontan as persoas con diferentes abilidades e como axudar a lograr unha inclusión real.




Tamén participaron en probas físicas que lles axudaron a entender como é o mundo das persoas con diferentes discapacidades.








Por un mundo máis inclusivo e xusto para todos!

martes, 29 de novembro de 2022

Concurso de casiñas de Nadal

 O departamento de orientación organiza o concurso de casiñas de Nadal. Podes ler as bases na imaxe:


Velaquí un exemplo. Anímate!





venres, 25 de novembro de 2022

25 N Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

 


Un ano máis, dende o noso colexio, entendemos que hoxe é un día de reflexión e de sensibilización para expresar o rexeitamento máis profundo a todo tipo de violencia contra as mulleres. Sen dúbida, a violencia de xénero é un problema público e social de primeira magnitude, un ataque ao dereito da vida, á integridade física, á liberdade e á non discriminación.


Co impulso da nova Lei Orgánica de Educación (LOMLOE), dende o ámbito educativo destacamos como principios e fins da educación a equidade, igualdade de oportunidades, e  igualdade de dereitos, entre outros;  por suposto ENTRE HOMES E MULLERES.

Non deixes de ver este vídeo e de consultar a web do MINISTERIO DE IGUALDADE, onde atoparás información variada e relevante acerca de esta PROBLEMÁTICA SOCIAL.

Ademais, o alumnado da ESO ven de crear un decálogo para a prevención da violencia de xénero, con pautas para detectar indicios de abuso e maltrato, así como recomendacións para poder combatilo desde o minuto un. Grazas a tod@s!










venres, 21 de outubro de 2022

Día da Biblioteca

 Estamos desexando que chegue o día 24 de outubro, haberá moitas actividades para todas as etapas e poderás consultalas no blog da biblio!



mércores, 22 de xuño de 2022

GRAZAS E FELIZ VERÁN

 

E  xa chegamos ao final!

E parece que foi onte cando comezamos o curso..., un curso no que a nivel emocional conseguimos moito e aprendimos mais (sí, aínda máis...)!

Dende o Departamento de Orientación queremos darvos as grazas por TODO, a todos e todas os/as integrantes da nosa Comunidade Educativa: familias, profesorado e por suposto alumnado.

Un alumnado que logo dun ano de esforzo, está a conseguir o tan ansiado éxito. Noraboa rapaces e rapazas!

Pero sen dúbida, temos unas especiais palabras para todo ese alumnado que por diversos motivos, tivo algunha relación cas integrantes do Departamento de Orientación.

A todos eles/as GRAZAS:

 

Grazas por ser tan especiais.

Grazas polo esforzo exposto.

Grazas polo cariño amosado.

Grazas pola confianza en nos.

 


OBRA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 4º ESO B



Non esquezades...

PODES CHEGAR A ONDE TI QUEIRAS... CONTINÚA ESFORZÁNDOTE!

 

FELIZ VERÁN

 

SARA, NEREA E ANA

martes, 21 de xuño de 2022

PROGRAMA DE MELLORA DA CONVIVENCIA ESCOLAR

CONTINUAMOS!


Esta vez amosamos un dos resultados que emerxe do  Programa de mellora da convivencia escolar que estivemos a desenvolver no presente curso en 5ºEP:

O MURAL DA ÁRBORE DA VIDA.



Durante os últimos meses, ademais de afondar nos estilos de comunicación, abordamos contidos relacionados ca mellora da autoestima e estratexias para a resolución pacífica dos conflitos.

 

 Quinto de primaria, noraboa polo resultado e

Grazas polo esforzo!

 








luns, 20 de xuño de 2022

AGASALLO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

ESPECIAL? NON SABES CANTO...

 

A todos e todas... ánimo! Un último esforzo!

 

Pero para gañar un chisquiño de motivación, velaí vai un agasallo a algunhas das persoas especiais que estiveron en contacto co noso Departamento ao longo do curso...

 

Grazas