luns, 31 de xaneiro de 2022

IMAGINA

 

Dende o noso centro educativo, impulsamos dende a óptica da paz, e de maneira transversal, a incorporación de diferentes valores, como é a NON VIOLENCIA.



Asemade, non podemos obviar a conmemoración que se leva a cabo o 30 de Xaneiro de cada ano,  dende 1964 : O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Unha xornada de apoio a unha educación non violenta e pacificadora, que se celebra no aniversario da morte de Matahma Gandhi.



Dende o Departamento de Orientación, compartimos a letra (ca súa tradución e o enlace a un vídeo dunha versión realizada por UNICEF) da canción de Imagine, escrita por Jonh Lennon e Yoko Ono. Esta canción foi lanzada en 1971 e versionada por moitísimos/as artistas, convertíndose nun himno de PAZ.

 


Imagine there's no heaven

It's easy if you try

No hell below us

Above us only sky

Imagine all the people

Living for today

Imagine there's no countries

It isn't hard to do

Nothing to kill or die for

And no religion too

Imagine all the people

Living life in peace

You may say, I'm a dreamer

But I'm not the only one

I hope someday you'll join us

And the world will be as one

Imagine no possessions

I wonder if you can

No need for greed or hunger

A Brotherhood of man

Imagine all the people

Sharing all the world.

 

 

 

Imagina que no hay paraíso

es sencillo si lo intentas

No hay infierno bajo nosotros

Y arriba solo tenemos el cielo

Imagina a toda la gente

Viviendo para el día de hoy

Imagina que no hay países

No es tan difícil de hacer

Nada por qué matar ni por qué morir

Y ninguna religión tampoco

Imagina a toda la gente

Viviendo en paz

Puedes decir que soy un soñador

Pero no soy el único

Espero que un día te unas a nosotros

Y el mundo entonces será mejor

Imagina que no haya propiedad

Me pregunto si tú puedes

No necesitar ganancias ni tener hambre

Una hermandad de seres humanos

Imagina a toda la gente

Compartiendo todo el mundo

venres, 28 de xaneiro de 2022

Día Mundial da Educación (VIII): María Montessori

 A clase de 1º ESO-A estudou a contribución á eduación de María Montessori, célebre educadora italiana que da nome ao coñecido método Montessori. Trátase dun método pedagóxico diferente ao tradicional xa que, en lugar de basearse nunha aprendizaxe homoxénea, estándar e académica, céntrase no desenvolvemento persoal e social de cada alumno.



María Montessori consideraba aos nenos como a esperanza da humanidade “O neno”, segundo Montessori, “ co seu enorme potencial físico e intelectual, é un milagre fronte a nós. Este feito debe ser transmitido a todos os pais, educadores e persoas interesadas en nenos, porque a educación desde o comezo da vida podería cambiar verdaderamente o presente e futuro da sociedade”.

Para fomentar o potencial de cada neno, o método baséase nestes 8 principios:

1) Pensamento e movemento: o pensamento e o movemento están estreitamente ligados. O movemento potencia o pensamento e a aprendizaxe.

2) Libre elección: a aprendizaxe e o benestar melloran cando as persoas senten que teñen control sobre as súas vidas. Desenvólvense a independencia, a vontade e a responsabilidade.

3) Interese: o neno aprende mellor cando está interesado no que está aprendendo. Axuda á comprensión e a concentración.

4) A recompénsa ha de ser interna: a realización do erro e a sensación de logro son internas. Contribúe á autoestima, ao sentido de responsabilidade e ao pensamento crítico.

5) Aprendendo de e cos pares: a aprendizaxe permanece mellor co exercicio de ensinarlle a outros. Promove o respecto, a tolerancia e a solidariedade.

6) Aprendendo dentro do contexto: a aprendizaxe situada en contexto significativo é máis profundo e rico que a aprendizaxe nun contexto abstracto.

7) O mestre como guía: o mestre observa e acompaña, posibilita ao neno actuar, querer e pensar por si mesmo, axudándoo a desenvolver confianza e disciplina interior.

8) Orde no ambiente e na mente: a orde externa e a secuencia no uso de materiais son beneficiosos para a orde interna do neno. Promove a claridade de pensamento e a concentración.

Grazas chic@s!

xoves, 27 de xaneiro de 2022

Día Mundial da Educación (VII): María Zambrano

 A aportación do alumnado de 2º ESO-A xira en torno á figura de María Zambrano, a célebre pensadora malagueña que foi quen de unir filosofía, poesía e educación na súa obra. 


Segundo Zambrano, a idea de vocación é clave na educación. O profesorado, ademáis de ter paixón por educar, ha de ser quen de encontrar a vocación oculta no alumnado, unha tarefa que lles permitirá realizar o seu ser e vivir unha vida plena e libre.

Para saber máis sobre o legado de Zambrano, fai clic nesta ligazón


mércores, 26 de xaneiro de 2022

Día Mundial da Educación (VI): Sir Ken Robinson

 Encántanos o mural que creo a clase de 4º de ESO-B para conmemorar o Día Mundial da Educación:

O mural versa sobre a figura do pedagogo inglés Sir Ken Robinson (1950-2020), "o pedagogo da creatividade". Convencido de que o talento e a capacidade de crear son claves no desenvolvemento das persoas, Robinson defendeu unha nova escola na que a comunidade educativa contribuíse a detectar o talento dos alumnos e a potenciar o seu pensamento crítico e capacidade de ser creativos, ou ben para resolver problemas cotiás, para expresar emocións, para facer sentir ou para facer pensar.

Recomendámosvos esta charla inesquecible do ano 2006, que deu notoriedade a Robinson e que paga a pena escoitar para entender porque as escolas ás esquecen a importancia da creatividade:

martes, 25 de xaneiro de 2022

Día Mundial da Educación (V): Howard Gardner

O traballo da clase de 2º ESO-B para o Día Mundial da Educación  versa sobre Howard Gardner (1943), psicólogo e profesor da Universidade de Harvard, mundialmente coñecido como o pai da Teoría das Intelixencias Múltiples.


Ao inicio da súa traxectoria profesional, Gardner advertíu que o intelecto, clave para a obtención de méritos educativos non é un factor decisivo para coñecer a intelixencia dunha persona. 


Cada persoa, segundo Gardner ten alomenos oito tipos de intelixencia ou habilidades. Estas habilidades traballan xuntas e cada persoa desenvolve unhas máis que outras. Diferentes culturas e segmentos adoitan pór en valor unhas habilidades sobre outras:

  • Intelixencia lingüística: A habilidade de expresarse usando as linguas de forma oral ou escrita.
  • Intelixencia lóxico-matemática: A habilidade para a resolución de problemas aritméticos, xogos de estratexia e experimentos.
  • Intelixencia visual e espacial: A abilidade de para deseñar e crear figuras e espazos.
  • Intelixencia musical: a habilidade para discriminar os sons, reproducilos e crear composición musicais.
  • Intelixencia corporal cinestésica: A habilidade para procesar o coñecemento a través das sensacións corporais que requiren forza, rapidez, flexibilidad, coordinación óculo-manual e equilibrio.
  • Intelixencia naturalista: A habilidade de interactuar coa contorna natural.
  • Intelixencia interpersonal (intelixencia social): A habilidade de interactuar con outras persoas en todo tipo de situacións
  • Intelixencia intrapersonal: A habilidade de entenderse a un mesmo e de identificar emocións.

Grazas a Gardner, moitos de nós somos capaces de valorar as nosas fortalezas e debilidades e a dos demais e a tomar decisións para potenciar as primeiras e minimizar as segundas.

luns, 24 de xaneiro de 2022

Día Mundial da Educación

Como xa adiantamos en anteriores entradas, hoxe celebramos no colexio o DÍA DA EDUCACIÓN.

Levamos días preparando actividades para reflexionar sobre a Educación. E ti...Algunha vez reflexionaches acerca de que é realmente a EDUCACIÓN? Sarramona, no ano 2000, escribiu que sen EDUCACIÓN non existe posibilidade de ser persoa, no sentido pleno da palabra.

A EDUCACIÓN é un dereito recollido no artigo 26 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948), onde se determina que ten por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais.

Ten dúas dimensións básicas e ineludibles: a dimensión transformadora e a integral. É dicir, a educación permítenos cambiar a realidade e utilizala como ferramenta para a formación, tanto persoal, académica e social.

En definitiva, debemos entendela como unha forma de aproveitamento durante toda a nosa vida, que nos ofrece unha actualización e enriquecemento constante, permitíndonos a adaptación a un mundo que está en constante cambio.

Como mencionamos, as últimas semanas, no CPR PLURILINGÜE PADRE FEIJOO ZORELLE, reflexionamos en que é a EDUCACIÓN e como se vive esta noutros países. Nesta liña, o alumnado de Primaria visualizou o documental “Camino a la escuela”, que narra as dificultades de catro rapaces en diferentes países para chegar á escola. Todos estes rapaces amosan un esforzo persoal increíble para poder realizar un dereito tan evidente como negado a miles de nenos e nenas.

Para rematar, compartimos un vídeo realizado polo Departamento de Orientación, onde podemos desfrutar de todas as actividades realizadas nos últimos días polo alumnado do cole, e  que culminou ca montaxe do mural na entrada do noso centro.

Feliz día da EDUCACIÓN  a todos e a todas!

domingo, 23 de xaneiro de 2022

Día Mundial da Educación (IV): César Bona

 A aportación do alumnado de 1º ESO-B ao Día da Educación céntrase na figura dun docente inspirador, César Bona.


César Bona (1972) é un profesor de educación primaria que transformou a súa aula nun centro de Zaragoza nun exemplo de renovación pedagóxica no que o alumnado foi protagonista activo do proceso de aprendizaxe a través da experimientación, a reflexión crítica, o diálogo e a reflexión conxunta. Autor de “A nova educación. Os retos e desafíos dun mestre de hoxe” e “As escolas que cambian o mundo”, César Bona aboga por unha escola innovadora que humanice a educación.



Para saber máis, fai clic nesta ligazón.


sábado, 22 de xaneiro de 2022

Día Mundial da Educación (III). Anne Sullivan

 A clase de 3º B contribuíu ao Día da Educación explorando o legado dunha mestra excepcional, Anne Sullivan.

Anne Sullivan (1866-1936) foi unha educadora estadounidense que dedicou a maior parte da súa vida a potenciar o talento de Helen Keller, unha nena xorda, cega e muda, que foi quen de convertirse en escritora e conseguir un título universitario.

Grazas á valentía de Anne Sullivan,, a súa paixón polo que facía, a súa vitalidade, as súas ganas de aprender, o seu talento, e a súa xenerosidade, Helen Keller foi quen desenvolver a súa carreira profesional como prestixiosa escritora e como activista política en defensa das persoas vulnerables e da paz no mundo. Todo un exemplo inspirador!

Para saber máis, fai clic nesta ligazón.

venres, 21 de xaneiro de 2022

Día Mundial da Educación (II): Concepción Arenal

Con motivo do Día Mundial da Educación, a clase de 3º ESO-A estudou o legado de Concepción Arenal (1820-1893), a intelectual ferrolá que defendeu no século XIX a igualdade entre homes e mulleres e reivindicou o libre acceso á educación.


A súa firme convicción por aprender guiou os seus primeiros anos de vida, aínda cando a súa familia opúñase a que cursara estudos superiores. De feito, a pensadora galega asistíu a clases na universidade vestida de home!

Ao longo da súa vida, Concepción Arenal escribiu varias obras nas que defendeu que as mulleres puidesen dedicarse a profesións que ata entón lles estaban vetadas. No seu ensaio A educación da Muller escribiu: "É un erro grave e dos máis perxudiciais, inculcar á muller que a súa misión única é a de esposa e nai [...]. O primeiro que necesita a muller é afirmar a súa personalidade, independientemente do seu estado, e persuadirse de que, solteira, casada ou viuda, ten dereitos que cumprir, dereitos que reclamar, dignidade que non depende de ninguén".


Para saber máis, fai clic nesta ligazón.



xoves, 20 de xaneiro de 2022

Día Mundial da Educación (I) : John Dewey

 O vindeiro luns, 24 de xaneiro, celébrase o Día Mundial da Educación. Por este motivo, o alumnado de primaria e da ESO ven de pór en marcha un proxecto coordinado polo departamento de Orientación e que conta co apoio dos titores de cada grupo. Ao longo dunha semana, explorarán o legado dun bo número de pedagogos, filósofos e psicólogos que ao longo da historia contribuíron ao progreso das Ciencias da Educación e, polo tanto, da educación como tal.


Como adianto, velaquí o traballo da clase de 4º de ESO-A, que versa sobre John Dewey, pedagogo estadounidense que se considera a figura máis representativa da aprendizaxe experiencial e da necesidade de fomentar o pensamento crítico.










Estade atent@s!

martes, 18 de xaneiro de 2022

A curtameraxe "Cuerdas" para comprender a inclusión

 Esta semana o alumnado de primaria e ESO comezou a traballar coa 4ª unidade do noso Plan de Benestar Emocional na que achéganse ao concepto de inclusión a través dunha premiada curtametraxe: "Cuerdas", que podedes ver a continuación:


Velaquí as primeiras impresións, esta vez do alumnado de 4º de ESO -A, que as comparten neste vídeo:


Grazas chic@s!

martes, 11 de xaneiro de 2022

O Poder da Música en primaria

O alumnado de primaria xunto coa súa profe maría José Novo tamén levou a cabo “O poder da música”, a 3ª das unidades didácticas do noso Plan de Benestar Emocional. A través de escoita activa, pintaron a música, identificaron os sentimentos que transmite, elaboraron listas de reproducción para cada emoción, creando o seu emocionario musical. Aquí podedes ver o resultado:









Para saber máis, visita o blog de música.