Blog do Departamento de Orientación do Colexio Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
xoves, 4 de maio de 2023
venres, 28 de abril de 2023
PÉS PARA QUE VOS QUERO...SE TEÑO ALAS PARA VOAR...
E xa pasou unha semana, dende o remate do Festival do Libro, e dende o Departamento de Orientación non podemos estar máis contentas da repercusión que a nosa exposición segue a ter no noso alumnado.
Unha exposición que nace dun traballo interetapas, co gallo de que os nosos alumnos e alumnas se aproximen á vida dunha das mulleres máis extraodinarias da nosa historia. Unha artista adiantada ao seu tempo, unha visionaria e abofé unha rebelde, que revolucionou a cultura a través da súa pintura e da política. Sen dúbida, unha muller que a pesar das súas dificultades físicas, conseguiu o éxito.
En primaria, os alumnos de 5ºEP foron os protagonistas. Guiados pola profe NEREA, e a través doutro libro, repasaron a vida de Frida Kahlo, e versionaron diferentes obras coñecidas da artista.
Por último, os alumnos e alumnas de 4ºESO B, visionaron fragmentos da película de Frida e debatiron sobre as dificultades da súa vida e da repercusión social da súa obra.
venres, 31 de marzo de 2023
Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha data que ten como obxectivo visibilizar ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover a súa participación social como cidadáns e cidadás de pleno dereito.
Abofé a comunidade educativa, somos un axente clave neste día, pola capacidade que temos para promover entre o noso alumnado actividades que contribúan a visibilizar o TEA e comprender as necesidades e capacidades das persoas con dito trastorno.
É preciso que traballemos en prol de difundir información sobre en qué consiste o TEA, co gallo de loitar contra os mitos que en numerosas ocasións están asociados a dito trastorno.
Dende o noso centro, realizamos actividades de sensibilización e preparamos un photocall para realizar fotos, que o vindeiro domingo difundiremos mediante o #ChamémoloPoloSeuNome.
“Temos que aprender a ver o mundo cos ollos dunha persoa con autismo. Cando sexamos capaces de comprender por que a vida resúltalles difícil, poderemos mover obstáculos e desenvolver respecto polos esforzos que fan para sobrevivir entre nós”
Theo Peeters
xoves, 9 de marzo de 2023
Congreso de Convivencia e Benestar Emocional
O pasado martes 7 de marzo, a Xunta de Galicia congregou cerca dun milleiro de profesionais da ensinanza no I Congreso de Convivencia e Benestar Emocional no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
Dita formación estivo dirixida ás persoas expertas no ámbito da convivencia
e do coidado das emocións, co gallo de impulsar unha aprendizaxe específica no
eido da convivencia e do benestar emocional, sensibilizando sobre a
importancia do papel dos centros educativos para garantir un bo clima nas aulas
e potenciar o intercambio de boas prácticas e experiencias na materia.
O Congreso contou con poñentes como o psquiatra Luis Rojas-Marcos, encargado da conferencia inaugural, o psiquiatra Alexandre García Caballero e o psicólogo Ricardo Fandiño Pascual, entre outros/as.
Asemade celebrouse unha mesa redonda, onde se abordaron estratexias de prevención do racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia nas aulas, así como unha presentación do próximo plan de benestar emocional (postpandemia) promovido dende a Consellería de Educación e a análise de boas prácticas relacionadas ca temática nos centros educativos.
Foi todo un pracer acudir a un evento tan necesario e interesante. Dende a nosa comunidade educativa seguimos formándonos e traballando nun eido tan relevante como A CONVIVENCIA E O BENESTAR EMOCIONAL.
venres, 3 de marzo de 2023
ÚLTIMA CHARLA DO PROGRAMA VIXÍA NO NOSO CENTRO: PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS
Tras recibir varias charlas no noso colexio, o pasado luns 27 de febreiro rematamos ca última charla do PROGRAMA VIXÍA DO CONCELLO impartida por Estela, unha psicóloga que nos ofreceu información moi importante acerca das adiccións e a súa prevención.
Dita charla, dirixida ao alumnado de 2ºESO abordou información relativa as consecuencias físicas e psicolóxicas das drogas e como debemos identificar as adiccións das diferentes substancias.
Alén de, Estela comentou en qué consiste autoconcepto e autoestima e ofreceunos tips de como crear pensamentos positivos para mellorar o noso autoconcepto día a día.
Grazas Estela, e a todas e todos os profesionais que forman parte do PROGRAMA VIXÍA!
luns, 27 de febreiro de 2023
O PROGRAMA VIXÍA CONTINÚA: AS TIC E OS RISCOS ASOCIADOS
O pasado xoves 23 de febreiro o alumnado de 6ºEP desfrutou da visita de Cristina, especialista do Programa Vixía do Concello de Ourense, que nos explicou dunha maneira moi dinámica os riscos asociados ao uso das TIC.
A charla ofreceu ao noso alumnado información sobre os diferentes perigos que podemos atopar en Internet e nas Redes Sociais, así como aspectos relevantes sobre o ciberbullying e tips para mellorar a nosa privacidade, tendo en conta a información persoal que moitas veces compartimos en Internet.
Debemos ter en conta que as Redes Sociais forman parte do día a día dos adolescentes, porén en moitos casos o seu uso implica unha intensidade que pode chegar a xerar interferencias serias en relación ao benestar físico e emocional.
Asemade, os riscos asociados non deben obviarse, xa que debemos ter en conta que a prevención é un aspecto fundamental.
Calquera iniciativa, como a que desfrutamos o xoves, é realmente necesaria para dotar a alumnas e alumnos de información relevante para a abordaxe desta problemática.
xoves, 16 de febreiro de 2023
ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL: A FORMACIÓN PROFESIONAL
mércores, 15 de febreiro de 2023
ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL: O BACHARELATO
Durante o mes de xaneiro, dende o Departamento de Orientación realizamos varias charlas co obxectivo de favorecer o proceso de TOMA DE DECISIÓNS de cara a finalización da etapa da ESO.
Tomar decisións supón un proceso necesario que nos permite chegar a un fin satisfactorio. Trátase dun proceso continuo de carácter cognitivo e emocional, a través do cal chegamos a tomar unha DECISIÓN, sendo esta una elección consciente e reflexiva entre varias alternativas.
Por este motivo, consideramos necesario proporcionar información relativa ás diferentes traxectorias académicas que ofrece o noso sistema educativo, especificando a oferta educativa da nosa cidade, provincia e comunidade autónoma.
Neste senso, e en primeiro lugar, afondaremos nunha das opcións que temos ao finalizar a ESO: O BACHARELATO.
Esta etapa, pertence a ensinanza postobrigatoria, cuxo obxectivo é proporcionar formación, madureza intelectual e humana, coñecemento, habilidades e actitudes que permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida con responsabilidade e aptitude. Alén de, esta etapa deberá permitir a adquisición e o logro das competencias indispensables para o futuro formativo e profesional, e capacitar para a educación superior.
Tras rematar esta etapa, e trala proba da ABAU poderemos ter acceso á UNIVERSIDADE; ou ben, a un CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR.
Coa actual reforma educativa, o Bacharelato esta a mudar, atopando novas modalidades:
Co gallo de ofrecer máis información sobre as modalidades e as asignaturas que as compoñen, recuperamos información do Blogue de Orientación Educativa de Mónica Diz (referente na nosa comunidade), onde podemos visualizar as materias comúns, de modalidade, de opción e optativas na nosa comunidade autónoma:
Ánimo, é un proceso de reflexión sosegada.
E recordade que dende o Departamento de Orientación, quedamos a vosa disposición para calquera dúbida.
venres, 10 de febreiro de 2023
Programa Vixía do Concello de Ourense
O presente curso, o noso colexio participa no Programa “Vixía” de prevención e promoción da saúde, promovido polo Concello de Ourense, que pretende evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos e adiccións.
Este luns comezábamos as charlas programadas, da man de Marisol (nutricionista) co alumnado de 3ºESO. Abordamos aspectos relacionados cos trastornos alimentarios e da inxesta de alimentos. Profundizamos nos tipos de trastornos, os danos que conlevan a nivel físico e psicolóxico e cales son as causas dos mesmos.
Por outra banda, o xoves o alumnado de 4ºESO contou coa presenza de Félix (Educador Social) co que coñecimos aspectos moi relevantes e necesarios das Habilidades Sociais e a súa relación coa prevención da violencia en todos os seus ámbitos. Asemade, profundizamos sobre os diferentes estilos de comunicación e en especial...sobre a ASERTIVIDADE!
Foi un pracer escoitar a estes grandes relatores, que aportaron información moi necesaria para visualizar, dende un prisma PREVENTIVO, diferentes problemáticas relavantes para mozos e mozas.
xoves, 26 de xaneiro de 2023
Taller de educación emocional en 5º de primaria
La clase de 5º de primaria ha participado en un taller de educación emocional conducido por uno de sus alumnos, Aitor, que ha explicado a sus compañer@s cómo gestionar emociones como la ira a través de las llamadas “botellas de la calma”, cuyo funcionamiento ayuda a entender todo lo que pasa en nuestra mente cuando pasamos de un estado de enfado a la calma. ¡Muchas gracias, Aitor! ¡Nos ha encantado!