venres, 28 de abril de 2023

PÉS PARA QUE VOS QUERO...SE TEÑO ALAS PARA VOAR...

 

 

      E xa pasou unha semana, dende o remate do Festival do Libro, e dende o Departamento de Orientación non podemos estar máis contentas da repercusión que a nosa exposición segue a ter no noso alumnado. 

     Unha exposición que nace dun traballo interetapas, co gallo de que os nosos alumnos e alumnas se aproximen á vida dunha das mulleres máis extraodinarias da nosa historia. Unha artista adiantada ao seu tempo, unha visionaria e abofé unha rebelde, que revolucionou a cultura a través da súa pintura e da política. Sen dúbida, unha muller que a pesar das súas dificultades físicas, conseguiu o éxito.




     Como vimos de comentar, a nosa exposición partiu dende as diferentes etapas. Primeiro foi 6ºEI, que despois dunha lectura dun libro de Frida Khalo, procedeu a dar cor a nosa exposición, creando caretas preciosas.



      En primaria, os alumnos de 5ºEP foron os protagonistas. Guiados pola profe NEREA, e a través doutro libro, repasaron a vida de Frida Kahlo, e versionaron diferentes obras coñecidas da artista. 




     Por último, os alumnos e alumnas de 4ºESO B, visionaron fragmentos da película de Frida e debatiron sobre as dificultades da súa vida e da repercusión social da súa obra.



     A nosa exposición pretende amosar diferentes libros, adaptados ás diferentes etapas, que tratan sobre a vida da artista e mesturando todas as manualidades realizadas nas actividades descritas. 




     Abofé, unha vez presentamos a nosa exposición, alumnos e alumnos do noso cole, visitárona e desfrutaron de todas os libros.





Grazas a todos e a todas por colaborar nunha actividade tan especial para nós.