xoves, 9 de marzo de 2023

Congreso de Convivencia e Benestar Emocional

 




O pasado martes 7 de marzo, a Xunta de Galicia congregou cerca dun milleiro de profesionais da ensinanza no I Congreso de Convivencia e Benestar Emocional no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

Dita formación estivo dirixida ás persoas expertas no ámbito da convivencia e do coidado das emocións, co gallo de impulsar unha aprendizaxe específica no eido da convivencia e do benestar emocional, sensibilizando sobre a importancia do papel dos centros educativos para garantir un bo clima nas aulas e potenciar o intercambio de boas prácticas e experiencias na materia.




O Congreso contou con poñentes como o psquiatra Luis Rojas-Marcos, encargado da conferencia inaugural, o psiquiatra Alexandre García Caballero e o psicólogo Ricardo Fandiño Pascual, entre outros/as.



Asemade celebrouse unha mesa redonda, onde se abordaron estratexias de prevención do racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia nas aulas, así como unha presentación do próximo plan de benestar emocional (postpandemia) promovido dende a Consellería de Educación e a análise de boas prácticas relacionadas ca temática nos centros educativos. 






Foi todo un pracer acudir a un evento tan necesario e interesante. Dende a nosa comunidade educativa seguimos formándonos e traballando nun eido tan relevante como  A CONVIVENCIA E O BENESTAR EMOCIONAL.




 

 

 

 

 

 

 



venres, 3 de marzo de 2023

ÚLTIMA CHARLA DO PROGRAMA VIXÍA NO NOSO CENTRO: PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS

 


Tras recibir varias charlas no noso colexio, o pasado luns 27 de febreiro rematamos ca última charla do PROGRAMA VIXÍA DO CONCELLO impartida por Estela, unha psicóloga que nos ofreceu información moi importante acerca das adiccións e a súa prevención. 

Dita charla, dirixida ao alumnado de 2ºESO abordou información relativa as consecuencias físicas e psicolóxicas das drogas e como debemos identificar as adiccións das diferentes substancias. 




Alén de, Estela comentou en qué consiste autoconcepto e autoestima e ofreceunos tips de como crear pensamentos positivos para mellorar o noso autoconcepto día a día.

Grazas Estela,  e a todas e todos os profesionais que forman parte do PROGRAMA VIXÍA!