mércores, 22 de xuño de 2022

GRAZAS E FELIZ VERÁN

 

E  xa chegamos ao final!

E parece que foi onte cando comezamos o curso..., un curso no que a nivel emocional conseguimos moito e aprendimos mais (sí, aínda máis...)!

Dende o Departamento de Orientación queremos darvos as grazas por TODO, a todos e todas os/as integrantes da nosa Comunidade Educativa: familias, profesorado e por suposto alumnado.

Un alumnado que logo dun ano de esforzo, está a conseguir o tan ansiado éxito. Noraboa rapaces e rapazas!

Pero sen dúbida, temos unas especiais palabras para todo ese alumnado que por diversos motivos, tivo algunha relación cas integrantes do Departamento de Orientación.

A todos eles/as GRAZAS:

 

Grazas por ser tan especiais.

Grazas polo esforzo exposto.

Grazas polo cariño amosado.

Grazas pola confianza en nos.

 


OBRA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 4º ESO B



Non esquezades...

PODES CHEGAR A ONDE TI QUEIRAS... CONTINÚA ESFORZÁNDOTE!

 

FELIZ VERÁN

 

SARA, NEREA E ANA

martes, 21 de xuño de 2022

PROGRAMA DE MELLORA DA CONVIVENCIA ESCOLAR

CONTINUAMOS!


Esta vez amosamos un dos resultados que emerxe do  Programa de mellora da convivencia escolar que estivemos a desenvolver no presente curso en 5ºEP:

O MURAL DA ÁRBORE DA VIDA.



Durante os últimos meses, ademais de afondar nos estilos de comunicación, abordamos contidos relacionados ca mellora da autoestima e estratexias para a resolución pacífica dos conflitos.

 

 Quinto de primaria, noraboa polo resultado e

Grazas polo esforzo!

 








luns, 20 de xuño de 2022

AGASALLO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

ESPECIAL? NON SABES CANTO...

 

A todos e todas... ánimo! Un último esforzo!

 

Pero para gañar un chisquiño de motivación, velaí vai un agasallo a algunhas das persoas especiais que estiveron en contacto co noso Departamento ao longo do curso...

 

Grazas








 



 

 

venres, 10 de xuño de 2022

Pola igualdade e contra a violencia de xénero con "El Indulto"

O alumnado de 1º da ESO participou nunha charla obradoiro pola igualdade de xénero enmarcada no proxecto interdisciplinar baseado en "El Indulto", o relato de Emilia Pardo Bazán que lles ficho refexionar sobre a orixe e os factores da violencia de xénero así como estratexias para loitar contra ela. 



No obradoiro abordaron o ciclo da violencia por Leonor Walter e descubriron valiosas fontes de información sobre esta seria problemática.




Non deixes de ver a curtametraxe dos alumnos na que adaptan "El Indulto". Vaise emitir o sábado 11 de xuño ás 14h en Telemiño.

martes, 7 de xuño de 2022

7ª unidade do Plan de Benestar Emocional: Xogos Reunidos

 A menos de 3 semanas de que remate o curso escolar, vimos de pechar o Plan de Benestar Emocional coa 7ª e última unidade didáctica, titulada Xogos Reunidos. Logo de repasar todas as emocións tratadas ao longo do curso, centrámonos na aceptación (das nosas debilidades e fortalezas) e na ilusión, as ganas de potenciar as primeiras e minimizar as últimas a través de proxectos e acción que nos motiven. E todo isto, a través de xogos interactivos creados polo alumnado. Parabéns a todos e esperamos con ilusión o Plan do curso que ven!