Encántanos este mural que celebra a inclusión creado polo alumnado de 4º ESO-B logo de levar a cabo a 4º unidade do noso Plan de Benestar Emocional. Parabéns!
Blog do Departamento de Orientación do Colexio Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
xoves, 17 de febreiro de 2022
martes, 15 de febreiro de 2022
E despois de ESO...que?
Tal e
como afirmaba Stephen Covey..
“Non son produto das miñas circunstancias,
son produto das miñas decisións”.
A orientación
educativa ten un papel relevante no apoio e no asesoramento do desenvolvemento
vocacional do alumnado, que se intensifica en momentos puntuais de cambios ou
cursos terminais no noso sistema educativo.
Por este
motivo, dende o Departamento de Orientación, consideramos imprescindible dotar
da información necesaria aos nosos alumnos e alumnas, para promover a madureza
vocacional para a toma de decisións autónomas e responsables.
Neste senso,
a semana pasada, realizamos charlas co alumnado de 4ºESO de cara a ofrecer
información sobre as alternativas do Bacharelato, os graos dispoñibles nas
Universidades Galegas e a oferta educativa que emerxe dende a FP.
Ademais,
realizamos un cuestionario de intereses vocacionais, co obxectivo de que cada
alumno/a descubra cales son as súas fortalezas en relación coas diferentes
familias profesionais.
RECORDADE!
A propia
elección dos camiños a tomar, debe resolverse a través dun proceso sosegado,
reflexivo e COA INFORMACIÓN NECESARIA!
Dende o
Departamento de Orientación, quedamos a disposición de toda a comunidade
educativa, e especialmente de todo o noso alumnado, para colaborar neste
proceso de toma de decisións, a través dun asesoramento individualizado.
NON
DUBIDES!
CONTACTA
CA ORIENTADORA!
TOMA
DECISIÓNS!
venres, 11 de febreiro de 2022
5ª unidade do Plan de Benestar Emocional: "Bicos de lápis, bicos de picas"
O alumnado de 2º de ESO-B ven de levar a cabo a 5ª unidade do nos Plan de Benestar Emocional “Bicos de lapis, bicos de picas” coa que reflexionar do porque manter a distancia de seguridade nestes tempos de COVID para poder estar cada día máis cerca.