O pasado martes 7 de marzo, a Xunta de Galicia congregou cerca dun milleiro de profesionais da ensinanza no I Congreso de Convivencia e Benestar Emocional no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
Dita formación estivo dirixida ás persoas expertas no ámbito da convivencia
e do coidado das emocións, co gallo de impulsar unha aprendizaxe específica no
eido da convivencia e do benestar emocional, sensibilizando sobre a
importancia do papel dos centros educativos para garantir un bo clima nas aulas
e potenciar o intercambio de boas prácticas e experiencias na materia.
O Congreso contou con poñentes como o psquiatra Luis Rojas-Marcos, encargado da conferencia inaugural, o psiquiatra Alexandre García Caballero e o psicólogo Ricardo Fandiño Pascual, entre outros/as.
Asemade celebrouse unha mesa redonda, onde se abordaron estratexias de prevención do racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia nas aulas, así como unha presentación do próximo plan de benestar emocional (postpandemia) promovido dende a Consellería de Educación e a análise de boas prácticas relacionadas ca temática nos centros educativos.
Foi todo un pracer acudir a un evento tan necesario e interesante. Dende a nosa comunidade educativa seguimos formándonos e traballando nun eido tan relevante como A CONVIVENCIA E O BENESTAR EMOCIONAL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario