Hoxe é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. De maneira anual o 25 de novembro conmemorase este día, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.
Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas, é unha das violacións dos dereitos humanos mais estendidas, persistentes e devastadoras do mundo. Rematar con ela, require esforzos enérxicos para loitar contra a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas conlevan.
O asasinato das irmas Mirabal, mais coñecidas como “as mariposas”, no 1960 en República Dominicana, deu orixe a esta data reivindicativa. O seu único crime foi loitar polos seus dereitos contra o ditador Rafael Leónidas Trujillo.
Non foi ata o 1999, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o día de hoxe como o Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Dende o noso centro educativo, sumámonos a esta data, condenando a violencia contra as mulleres, xa que a violencia de xénero é un problema de todas e de todos; e, polo tanto, todos debemos intentar derribar os muros que a sustentan, sen esquecer nunca que a lesión máis importante que produce a violencia de xénero é o atentado a dignidade das mulleres e aos dereitos iguais que temos todas as persoas.
A continuación preséntase unha infografía cun enlace a “CARTAS DE AMOR”, unha proposta de actividades para a prevención da violencia de xénero a través de diferentes obras...
E recorda...NON ESTÁS SOA!!!
Enlace "IR Á GUÍA"
Ningún comentario:
Publicar un comentario