venres, 10 de decembro de 2021

¿Dereitos Humanos?

 

¿Dereitos Humanos? Estou segura de que estas acostumado/a a escoitar falar deles…, pero se tiveras de dicir cales son… probablemente xurdan dúbidas.



Hoxe, 10 de decembro, conmemórase o Día Internacional dos Dereitos Humanos; data na que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en 1948, elabora a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que é un documento histórico que proclama os dereitos que lle corresponden a toda persoa como ser humano. Este documento está dispoñible en máis de 500 linguas, e é o documento máis traducido en todo o mundo.

Os Dereitos Humanos son universais e inalienables. En todas partes do mundo, todas as persoas teñen dereito a eles. Ninguén pode renunciar voluntariamente aos seus dereitos, e ninguén pode arrincarllos a outra persoa. Tal e como determina o seu primeiro artigo: TODOS OS SERES HUMANOS NACEN LIBRES E IGUAIS EN DIGNIDADE E DEREITOS E, DOTADOS COMO ESTÁN DE RAZÓN E CONSCIENCIA, DEBEN COMPORTARSE FRATERNALMENTE UNS CON OUTROS.

Co obxectivo de afondar no tema, e coñecer máis a historia deste día tan importante para a sociedade, dende o Departamento de Orientación queremos compartir con vos o seguinte docuvídeo.

¿QUE SON OS DEREITOS HUMANOS?


Por último e citando a Mahatma Gandhi, recorda....

“NON HAI CAMIÑO DE CARA Á PAZ, A PAZ É O CAMIÑO”

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario