O alumnado de 4º de ESO-A ven de levar a cabo a sexta unidade do noso Plan de Benestar Emocional na que reflexionaron sobre estados de ánimo aparentemente opostos: a alegría e a tristeza así como das súas respectivas manifestacións físicas.
Logo de debater e chegar á conclusión de que ambos estados son parte da riqueza da vida e que poden ser xestionados, fixeron unha posta en común daquelas actividades e momentos que lles fan sentir alegres.
Grazas por compartir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario