mércores, 27 de abril de 2022

PROGRAMA KTORCE 18

 

Onte tivemos a sorte de contar con Belén, Zaira e Teresa, profesionais da Asociación Arela e da Fundación Barrie, que realizaron dúas charlas integradas no programa Ktorce 18.

Este programa achega a lei do menor, reguladora da  responsabilidade penal das persoas menores de idade, para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos. 

As charlas divulgativas realizáronse en dous grupos. En primeiro lugar, os alumnos e alumnas de 2ºESO A tiveron unha charla sobre PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRATORAS. Neste caso, fíxose fincapé no acoso escolar, as redes sociais, as pelexas e lesións, as ameazas, o maltrato familiar, o consentimiento nas relacións... e en todos aqueles temas e situacións que viven de cerca os a as adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade das persoas menores de idade nas mesmas. 


Por outra banda, os alumnos e alumnas de 3 ESO B tiveron unha charla sobre sensibilización do ACOSO ESCOLAR e o mal trato que ás veces pode darse nas aulas. O obxectivo da mesma foi identificar posibles situacións de risco na aula e proporcionar ferramentas para que as situacións de risco non desemboquen en situacións de acoso escolar.



GRAZAS A BELÉN, ZAIRA E TERESA. 

PERO TAMÉN GRAZAS A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU E QUE SE INVOLUCROU O 100% NA ACTIVIDADE. SODES MARABILLOSOS E MARABILLOSAS. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario