Durante o mes de xaneiro, dende o Departamento de Orientación realizamos varias charlas co obxectivo de favorecer o proceso de TOMA DE DECISIÓNS de cara a finalización da etapa da ESO.
Tomar decisións supón un proceso necesario que nos permite chegar a un fin satisfactorio. Trátase dun proceso continuo de carácter cognitivo e emocional, a través do cal chegamos a tomar unha DECISIÓN, sendo esta una elección consciente e reflexiva entre varias alternativas.
Por este motivo, consideramos necesario proporcionar información relativa ás diferentes traxectorias académicas que ofrece o noso sistema educativo, especificando a oferta educativa da nosa cidade, provincia e comunidade autónoma.
Neste senso, e en primeiro lugar, afondaremos nunha das opcións que temos ao finalizar a ESO: O BACHARELATO.
Esta etapa, pertence a ensinanza postobrigatoria, cuxo obxectivo é proporcionar formación, madureza intelectual e humana, coñecemento, habilidades e actitudes que permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida con responsabilidade e aptitude. Alén de, esta etapa deberá permitir a adquisición e o logro das competencias indispensables para o futuro formativo e profesional, e capacitar para a educación superior.
Tras rematar esta etapa, e trala proba da ABAU poderemos ter acceso á UNIVERSIDADE; ou ben, a un CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR.
Coa actual reforma educativa, o Bacharelato esta a mudar, atopando novas modalidades:
Co gallo de ofrecer máis información sobre as modalidades e as asignaturas que as compoñen, recuperamos información do Blogue de Orientación Educativa de Mónica Diz (referente na nosa comunidade), onde podemos visualizar as materias comúns, de modalidade, de opción e optativas na nosa comunidade autónoma:
Ánimo, é un proceso de reflexión sosegada.
E recordade que dende o Departamento de Orientación, quedamos a vosa disposición para calquera dúbida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario