O pasado xoves 23 de febreiro o alumnado de 6ºEP desfrutou da visita de Cristina, especialista do Programa Vixía do Concello de Ourense, que nos explicou dunha maneira moi dinámica os riscos asociados ao uso das TIC.
A charla ofreceu ao noso alumnado información sobre os diferentes perigos que podemos atopar en Internet e nas Redes Sociais, así como aspectos relevantes sobre o ciberbullying e tips para mellorar a nosa privacidade, tendo en conta a información persoal que moitas veces compartimos en Internet.
Debemos ter en conta que as Redes Sociais forman parte do día a día dos adolescentes, porén en moitos casos o seu uso implica unha intensidade que pode chegar a xerar interferencias serias en relación ao benestar físico e emocional.
Asemade, os riscos asociados non deben obviarse, xa que debemos ter en conta que a prevención é un aspecto fundamental.
Calquera iniciativa, como a que desfrutamos o xoves, é realmente necesaria para dotar a alumnas e alumnos de información relevante para a abordaxe desta problemática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario