A pasada semana, dende o noso centro educativo iniciamos as
charlas de orientación académica e profesional destinadas ao alumnado de 4º e
3º da ESO. O obxectivo principal destas sesións é abordar o proceso de toma de
decisións no ámbito educativo, destacando a importancia de que os e as
estudantes empreguen a súa capacidade cognitiva para aspectos clave das súas
vidas, tales como a elección de valores, a planificación do vindeiro curso e a
selección dos diferentes itinerarios formativos que ofrece o noso sistema
educativo.
No contexto do noso departamento, traballamos activamente
para axudar ao alumnado a tomar
decisións conscientes e informadas. Consideramos esencial ofrecerlles a máxima
información e recursos dispoñibles sobre as diferentes alternativas que teñen á
súa disposición. Asemade, asesoramos para que desenvolvan de maneira axeitada a
súa capacidade de manexar toda a información necesaria, permitíndolles realizar
unha toma de decisións autónoma e responsable.
De maneira concreta, exploramos o que agarda ao alumnado
tras rematar a etapa da ESO. Abordamos en detalle os diversos itinerarios
académicos dispoñibles, incluíndo o Bacharelato, a Formación Profesional e as Ensinanzas
de Eéxime Especial. Facilitamos un panorama completo das opcións educativas
dispoñibles para que o noso alumnado poida tomar decisións informadas sobre o
seu futuro académico e profesional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario