Esta semana, dende o Departamento de Orientación, concluímos
con éxito as nosas charlas sobre orientación académica e profesional. Durante
este ciclo de encontros, abordamos diversos temas cruciais para o
desenvolvemento educativo e profesional dos estudantes. Un dos puntos centrais
foi a elección do bacharelato, un proceso complexo no que tivemos en conta as modificacións
implementadas pola nova lei educativa, coñecida como LOMLOE.
Nestas sesións informativas, puxemos especial énfase nos cambios substanciais que a LOMLOE trouxo ao noso sistema educativo, particularmente no que respecta ao bacharelato. Agora, os e as estudantes enfrontan a decisión entre catro itinerarios diferentes, cada un cunha oferta variada de materias. Esta ampla gama de opcións permite ao alumnado personalizar a súa formación académica, adaptándoa aos seus intereses e aptitudes. Ao explorar detalladamente os itinerarios dispoñibles, proporcionamos información sobre as características distintivas de cada un deles. Dende as ciencias e a tecnoloxía ata o novo bacharelato xeral, os/as estudantes poden atopan un abano diversificado de posibilidades. A elección do itinerario non só influirá no ámbito académico, senón tamén nas súas futuras opcións profesionais, xa que cada itinerario esta enfocado para campos específicos de estudo.
Asemade, dende o noso departamento traballamos en prol de ofrecer ao alumnado recursos e proporcionarlles un asesoramento personalizado para que cada alumno e cada alumna poida identificar as súas habilidades e intereses, co fin de facer eleccións educativas e profesionais axeitadas.
Coa conclusión destas charlas, agardamos que os estudantes se sintan capacitados para facer eleccións conscientes e ben fundamentadas no que respecta ao seu percorrido académico e profesional. Estamos aquí para apoiar e guiar a cada estudante no seu camiño cara o futuro, contribuíndo ao seu éxito e realización persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario