Estamos desexando que chegue o día 24 de outubro, haberá moitas actividades para todas as etapas e poderás consultalas no blog da biblio!
Blog do Departamento de Orientación do Colexio Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
venres, 21 de outubro de 2022
xoves, 8 de setembro de 2022
mércores, 22 de xuño de 2022
GRAZAS E FELIZ VERÁN
E xa chegamos ao final!
E parece que foi onte cando comezamos o curso...,
un curso no que a nivel emocional conseguimos moito e aprendimos mais (sí,
aínda máis...)!
Dende o Departamento
de Orientación queremos darvos as grazas
por TODO, a todos e todas os/as integrantes
da nosa Comunidade Educativa: familias,
profesorado e por suposto alumnado.
Un alumnado que logo dun ano de esforzo, está a
conseguir o tan ansiado éxito. Noraboa rapaces e rapazas!
Pero sen dúbida, temos unas especiais palabras
para todo ese alumnado que por diversos motivos, tivo algunha relación cas
integrantes do Departamento de Orientación.
A todos eles/as GRAZAS:
Grazas por ser tan especiais.
Grazas polo esforzo exposto.
Grazas polo cariño amosado.
Grazas pola confianza en nos.
Non esquezades...
PODES CHEGAR A ONDE TI QUEIRAS... CONTINÚA
ESFORZÁNDOTE!
FELIZ
VERÁN
SARA, NEREA E ANA
martes, 21 de xuño de 2022
PROGRAMA DE MELLORA DA CONVIVENCIA ESCOLAR
CONTINUAMOS!
Esta vez amosamos un dos resultados que emerxe do Programa de mellora
da convivencia escolar que estivemos a
desenvolver no presente curso en 5ºEP:
O MURAL DA ÁRBORE DA VIDA.
Durante os últimos meses, ademais de afondar nos estilos de
comunicación, abordamos contidos relacionados ca mellora da autoestima e
estratexias para a resolución pacífica dos conflitos.
Quinto de primaria, noraboa
polo resultado e
Grazas polo esforzo!
luns, 20 de xuño de 2022
AGASALLO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ESPECIAL? NON SABES CANTO...
A todos e todas... ánimo! Un último esforzo!
Pero para gañar un chisquiño de motivación, velaí vai un agasallo a
algunhas das persoas especiais que estiveron en contacto co noso Departamento
ao longo do curso...
Grazas
venres, 10 de xuño de 2022
Pola igualdade e contra a violencia de xénero con "El Indulto"
O alumnado de 1º da ESO participou nunha charla obradoiro pola igualdade de xénero enmarcada no proxecto interdisciplinar baseado en "El Indulto", o relato de Emilia Pardo Bazán que lles ficho refexionar sobre a orixe e os factores da violencia de xénero así como estratexias para loitar contra ela.
No obradoiro abordaron o ciclo da violencia por Leonor Walter e descubriron valiosas fontes de información sobre esta seria problemática.
Non deixes de ver a curtametraxe dos alumnos na que adaptan "El Indulto". Vaise emitir o sábado 11 de xuño ás 14h en Telemiño.
martes, 7 de xuño de 2022
7ª unidade do Plan de Benestar Emocional: Xogos Reunidos
A menos de 3 semanas de que remate o curso escolar, vimos de pechar o Plan de Benestar Emocional coa 7ª e última unidade didáctica, titulada Xogos Reunidos. Logo de repasar todas as emocións tratadas ao longo do curso, centrámonos na aceptación (das nosas debilidades e fortalezas) e na ilusión, as ganas de potenciar as primeiras e minimizar as últimas a través de proxectos e acción que nos motiven. E todo isto, a través de xogos interactivos creados polo alumnado. Parabéns a todos e esperamos con ilusión o Plan do curso que ven!




















