xoves, 29 de outubro de 2020

Arranca o programa de alumnos mediadores en primaria

Boas novas!

Os alumnos de primaria únense ao programa de Alumnos Mediadoresun modelo de convivencia escolar con alumnos que sexan capaces de escoitar e acompañar a outros compañeiros nas súas necesidades, axudándolles con solucións equitativas e realistas. Con todo iso pretendemos introducir unha filosofía de xestión de convivencia baseada nas capacidades de negociación e respecto mutuo, para conseguir un clima equilibrado nas relacións interpersoais do noso centro.

Como o Programa vai dirixido á toda a comunidade educativa, neste curso e como novidade, levarase a cabo a elección e formación de Alumnos Mediadores na Educación Primaria, sendo os Alumnos Mediadores da E.S.O os encargados de presentar o Programa ós máis pequenos.

Velaquí algunhas fotos da presentación do noso Programa de Alumnos Mediadores para este curso 2020-2021, na que adescubrimos estratexias e técnicas de xestión de conflictos e de comunicación asertiva aprendidas no curso Erasmus + que fixo Diego Iglesias en Florencia. Grazas Diego!












 

Ningún comentario:

Publicar un comentario