DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O día 3 de decembro celébrase; Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
Para conmemorar este día, desde o Departamento de Orientación organizamos unha actividade moi interesante co alumnado das aulas de apoio, co fin de reflexionar e concienciar sobre as diferentes capacidades que temos, traballando pola integración e a non discriminación das persoas con discapacidade.
Velaquí algunhas fotos da realización desta actividade co noso alumnado;
Convídovos a emocionarvos con este vídeo "Cuerdas"
Non esquezamos;
"A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais"
"Non hai discapacitados; ¡todos temos capacidades!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario