Un ano máis,
dende o noso colexio, entendemos que hoxe é un día de reflexión e de
sensibilización para expresar o rexeitamento máis profundo a todo tipo de violencia
contra as mulleres. Sen dúbida, a
violencia de xénero é un problema público e social de primeira magnitude, un ataque ao dereito da vida, á integridade física, á liberdade e á non discriminación.
Co impulso da nova Lei Orgánica de Educación (LOMLOE), dende o ámbito educativo destacamos como principios e fins da educación a equidade, igualdade de oportunidades, e igualdade de dereitos, entre outros; por suposto ENTRE HOMES E MULLERES.
Non deixes de ver este vídeo e de consultar a web do MINISTERIO DE IGUALDADE, onde atoparás información variada e relevante acerca de esta PROBLEMÁTICA SOCIAL.
Ademais, o alumnado da ESO ven de crear un
decálogo para a prevención da violencia de xénero, con pautas para detectar indicios de abuso e maltrato, así como recomendacións
para poder combatilo desde o minuto un. Grazas a tod@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario