luns, 13 de novembro de 2023

Charla para previr as adicións ás novas tecnoloxías

 Hoxe tivemos o privilexio de recibir a unha charla de Sisela, de CIMO, nunha amena e instructiva sesión sobre as adicións ás novas tecnoloxías. A través desta valioso encontro, mergullámonos no mundo das TIC, explorando as súas implicacións no noso día a día, as adicións que poden xurdir e as boas prácticas dixitais.

Foi unha xornada na que, xuntos e xuntas, analizamos e debatimos as fortalezas e debilidades das novas tecnoloxías. Afondamos nos riscos físicos e psicolóxicos que poden acompañar o seu uso, analizando dende os desafíos mentais até os impactos no noso corpo, e explorando os alcances que estas tecnoloxías teñen nas nosas vidas.

Esta enriquecedora charla foi dirixida aos grupos de 4º ESO, buscando concienciar e brindar ferramentas para un uso responsable e consciente das novas tecnoloxías. 

Fomentar a reflexión sobre estes temas é fundamental para que, como estudantes, esteamos preparados para afrontar os desafíos e aproveitar as oportunidades que as TIC nos ofrecen no mundo actual.



Ningún comentario:

Publicar un comentario