Hoxe, no noso centro, tivemos unha charla moi interesante con Gema do Programa Vixía do Concello de Ourense. O título da charla foi: "Alimenta a saúde, a prevención dos TCA."
A actividade foi dirixida ao grupo de 2º de ESO e abordaronse diversos temas necesarios e interesantes. En primeiro lugar, Gema falou sobre que son os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA), tocando conceptos como alimentos, nutrición e dieta. Destacou que a dieta mediterránea é a mellor e a máis saudable, e subliñou que unha dieta saudable é a base dun bo estado de saúde.
Conversamos sobre a influencia de diferentes tipos de dietas que promoven os TCA e profundizamos nos distintos trastornos asociados á alimentación. Ademais, descubrimos as consecuencias fatais destes trastornos e abordamos o xeito de proceder á hora de buscar axuda.
Sen dúbida, foi unha charla enriquecedora que nos fixo reflexionar sobre a importancia de coidar da nosa saúde e buscar apoio cando é necesario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario