mércores, 27 de abril de 2022

PROGRAMA KTORCE 18

 

Onte tivemos a sorte de contar con Belén, Zaira e Teresa, profesionais da Asociación Arela e da Fundación Barrie, que realizaron dúas charlas integradas no programa Ktorce 18.

Este programa achega a lei do menor, reguladora da  responsabilidade penal das persoas menores de idade, para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos. 

As charlas divulgativas realizáronse en dous grupos. En primeiro lugar, os alumnos e alumnas de 2ºESO A tiveron unha charla sobre PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRATORAS. Neste caso, fíxose fincapé no acoso escolar, as redes sociais, as pelexas e lesións, as ameazas, o maltrato familiar, o consentimiento nas relacións... e en todos aqueles temas e situacións que viven de cerca os a as adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade das persoas menores de idade nas mesmas. 


Por outra banda, os alumnos e alumnas de 3 ESO B tiveron unha charla sobre sensibilización do ACOSO ESCOLAR e o mal trato que ás veces pode darse nas aulas. O obxectivo da mesma foi identificar posibles situacións de risco na aula e proporcionar ferramentas para que as situacións de risco non desemboquen en situacións de acoso escolar.



GRAZAS A BELÉN, ZAIRA E TERESA. 

PERO TAMÉN GRAZAS A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU E QUE SE INVOLUCROU O 100% NA ACTIVIDADE. SODES MARABILLOSOS E MARABILLOSAS. 

martes, 26 de abril de 2022

BIBLIOPATIO

 



O mércores 20 de abril realizábamos a exposición de BiblioPatio, unha mini-biblioteca montada polo noso Departamento para o FESTIVAL DO LIBRO. 

Tras recibir as vosas peticións no BiblioBuzón sobre libros relacionados co benestar emocional, presentamos 7 libros que quedarán a vosa disposición no Departamento de Orientación para facer préstamos.

Cal foi o teu favorito?








xoves, 7 de abril de 2022

BIBLIO BUZÓN

 



Hoxe comezamos cunha das actividades do Departamento de Orientación para preparar o Festival do Libro. A presentación do noso BIBLIO BUZÓN.



 

Alumnos e alumnas da ESO comezaron hoxe a opinar sobre libros interesantes para mellorar o noso benestar emocional: temáticas, títulos de libros...

 




Pero non só o alumnado...o noso profesorado tamén se animou a participar...

 




En pouco tempo, e sempre tendo en conta a opinión de todos e todas, desfrutaremos de BIBLIO PATIO.... QUE GANAS!


martes, 22 de marzo de 2022

6ª unidade do Plan de Benestar Emocional: A alegría

  O alumnado de 4º de ESO-A ven de levar a cabo a sexta unidade do noso Plan de Benestar Emocional na que reflexionaron sobre estados de ánimo aparentemente opostos: a alegría e a tristeza así como das súas respectivas manifestacións físicas.



Logo de debater e chegar á conclusión de que ambos estados son parte da riqueza da vida e que poden ser xestionados,  fixeron unha posta en común daquelas actividades e momentos que lles fan sentir alegres.







Grazas por compartir!

xoves, 17 de febreiro de 2022

Mural pola inclusión

 Encántanos este mural que celebra a inclusión creado polo alumnado de 4º ESO-B logo de levar a cabo a 4º unidade do noso Plan de Benestar Emocional. Parabéns!



martes, 15 de febreiro de 2022

E despois de ESO...que?

 

Tal e como afirmaba Stephen Covey..

 “Non son produto das miñas circunstancias, son produto das miñas decisións”.

A orientación educativa ten un papel relevante no apoio e no asesoramento do desenvolvemento vocacional do alumnado, que se intensifica en momentos puntuais de cambios ou cursos terminais no noso sistema educativo.

Por este motivo, dende o Departamento de Orientación, consideramos imprescindible dotar da información necesaria aos nosos alumnos e alumnas, para promover a madureza vocacional para a toma de decisións autónomas e responsables.

Neste senso, a semana pasada, realizamos charlas co alumnado de 4ºESO de cara a ofrecer información sobre as alternativas do Bacharelato, os graos dispoñibles nas Universidades Galegas e a oferta educativa que emerxe dende a FP.



Ademais, realizamos un cuestionario de intereses vocacionais, co obxectivo de que cada alumno/a descubra cales son as súas fortalezas en relación coas diferentes familias profesionais.



RECORDADE!

A propia elección dos camiños a tomar, debe resolverse a través dun proceso sosegado, reflexivo e COA INFORMACIÓN NECESARIA!

Dende o Departamento de Orientación, quedamos a disposición de toda a comunidade educativa, e especialmente de todo o noso alumnado, para colaborar neste proceso de toma de decisións, a través dun asesoramento individualizado.

NON DUBIDES!

CONTACTA CA ORIENTADORA!

TOMA DECISIÓNS!

venres, 11 de febreiro de 2022

5ª unidade do Plan de Benestar Emocional: "Bicos de lápis, bicos de picas"

 O alumnado de 2º de ESO-B ven de levar a cabo a 5ª unidade do nos Plan de Benestar Emocional “Bicos de lapis, bicos de picas” coa que reflexionar do porque manter a distancia de seguridade nestes tempos de COVID para poder estar cada día máis cerca. 




Ademais, vimos a curtametraxe "Boundin, la oveja rapada", unha bonita historia sobre como xestionar as emocións negativas e poder así ser máis resilientes.