A menos de 3 semanas de que remate o curso escolar, vimos de pechar o Plan de Benestar Emocional coa 7ª e última unidade didáctica, titulada Xogos Reunidos. Logo de repasar todas as emocións tratadas ao longo do curso, centrámonos na aceptación (das nosas debilidades e fortalezas) e na ilusión, as ganas de potenciar as primeiras e minimizar as últimas a través de proxectos e acción que nos motiven. E todo isto, a través de xogos interactivos creados polo alumnado. Parabéns a todos e esperamos con ilusión o Plan do curso que ven!
Blog do Departamento de Orientación do Colexio Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
martes, 7 de xuño de 2022
martes, 10 de maio de 2022
Participamos no maior estudo sobre o uso de internet entre os/as adolescentes en Galicia
Onte o alumnado da ESO completou un cuestionario que forma parte da investigación levada a cabo por Antonio Rial Boubeta, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do estudo sobre “Redes Sociais, Videoxogos e Apostas entre os adolescentes galegos”, promovido pola FUNDACIÓN BARRIÉ.
Dito estudo aborda unha temática realmente preocupante para todos e todas. O obxectivo do mesmo é coñecer cales son os hábitos de ocio do/as adolescentes de Galicia en todo o que ten que ver co uso de Internet, as Redes Sociais, videoxogos, apostas e a tecnoloxía en xeral.
Tal e como recolle a web da USC, o traballo estase a realizar dende outubro de 2021 a maio de 2022 entre mais de 10.000 persoas con idades comprendidas entre os 12 e 20 anos que estean cursando estudos de ESO, FP ou Bacharelato en centros públicos, privados ou concertados da comunidade galega. Este é o traballo empírico de maior envergadura realizado en Galicia ata a actualidade sobre este tema.
Antonio Rial, na presentación do estudo, aclarou que a investigación a desenvolver parte da idea de que os videoxogos son a día de hoxe unha canle destacada de ocio e entretemento de boa parte das persoas en idade adolescente galegas e españolas. Trátase de achegar datos que axuden a mobilizar as institucións, comezando polas propias familias, para velar polo seu uso saudable e responsable.
“O xogo constitúe, sen lugar a dúbidas, unha das ferramentas máis potentes de aprendizaxe e desenvolvemento persoal das que dispón o ser humano. Pero non é menos certo que un uso intensivo de determinado tipo de videoxogos, a determinadas idades, con determinados contidos e sen a debida supervisión parental, pode ter serias implicacións tanto a nivel de saúde, como de convivencia”.
luns, 2 de maio de 2022
Día Internacional contra o Acoso Escolar
A violencia entre estudantes é unha cruel realidade que aparece cada vez con maior frecuencia dentro do contexto escolar. A pesar de ser unha realidade presente durante toda a nosa historia, dende fai algo máis dunha década, a conciencia social de dita problemática cobra maior importancia.
O fenómeno denominado acoso escolar, maltrato entre iguais ou bullying é definido por Olweus como "unha conduta de persecución física e /ou psicolóxica que realiza un estudante contra outro, ao que elixe como vítima de repetidos ataques".
Polo tanto, trátase dunha situación continuada no tempo, na que se establece unha relación de desigualdade de poder entre agresor ou agresores e a vítima.
Dende o noso colexio e ao longo da semana, implementaremos un programa de PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR a través de charlas destinadas ao alumnado da ESO. Hoxe comezamos cunha charla para a clase de 2º ESO B e seguiremos con charlas toda a semana!
Nas mesmas, pretendemos fomentar a concienciación da importancia da prevención e a detección do maltrato este estudantes, e incidimos na necesidade dun coñecemento máis exhaustivo de este fenómeno. Así, dito programa pretende servir de guía para concienciar ao alumnado dunha realidade coa que debemos de loitar dentro e fora das aulas.
Os peques de 2º de primaria tamén levaron a cabo unha preciosa actividade para recordar que todos podemos brillar e ser dignos de ser admirados.
POR UNHA ESCOLA PARA TOD@S, LIBRE DE VIOLENCIA E ONDE TODOS BRILLAMOS!
mércores, 27 de abril de 2022
PROGRAMA KTORCE 18
Este programa achega a lei do menor, reguladora da responsabilidade penal das persoas menores de idade, para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos.
As charlas divulgativas realizáronse en dous grupos. En primeiro lugar, os alumnos e alumnas de 2ºESO A tiveron unha charla sobre PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRATORAS. Neste caso, fíxose fincapé no acoso escolar, as redes sociais, as pelexas e lesións, as ameazas, o maltrato familiar, o consentimiento nas relacións... e en todos aqueles temas e situacións que viven de cerca os a as adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade das persoas menores de idade nas mesmas.
Por outra banda, os alumnos e alumnas de 3 ESO B tiveron unha charla sobre sensibilización do ACOSO ESCOLAR e o mal trato que ás veces pode darse nas aulas. O obxectivo da mesma foi identificar posibles situacións de risco na aula e proporcionar ferramentas para que as situacións de risco non desemboquen en situacións de acoso escolar.
GRAZAS A BELÉN, ZAIRA E TERESA.
PERO TAMÉN GRAZAS A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU E QUE SE INVOLUCROU O 100% NA ACTIVIDADE. SODES MARABILLOSOS E MARABILLOSAS.
martes, 26 de abril de 2022
BIBLIOPATIO
O mércores 20 de abril realizábamos a exposición de BiblioPatio, unha mini-biblioteca montada polo noso Departamento para o FESTIVAL DO LIBRO.
Tras recibir as vosas peticións no BiblioBuzón sobre libros relacionados co benestar emocional, presentamos 7 libros que quedarán a vosa disposición no Departamento de Orientación para facer préstamos.
Cal foi o teu favorito?
xoves, 7 de abril de 2022
BIBLIO BUZÓN
Hoxe comezamos cunha das actividades do
Departamento de Orientación para preparar o Festival do Libro. A presentación do noso BIBLIO BUZÓN.
Alumnos e alumnas da ESO comezaron hoxe a
opinar sobre libros interesantes para mellorar o noso benestar emocional:
temáticas, títulos de libros...
Pero non só o alumnado...o noso profesorado
tamén se animou a participar...
En pouco tempo, e sempre tendo en conta a
opinión de todos e todas, desfrutaremos de BIBLIO PATIO.... QUE GANAS!