xoves, 28 de outubro de 2021

Fabulaforum en 3º ESO-A

 Os alumnos de 3º ESO-B  tamén puxeron en marcha o Plan de Benestar Emocional traballando a resiliencia a través da unidade "Fabulaforum". 


Como comentamos en entradas anteriores, a primeira parte da actividade consistíu en recordar todas e cada unha das emocións xurdidas durante o confinamento e nas diferentes etapas da pandemia, ata hoxe. A continuación, debuxaron caras onde plasmaron as diferentes emocións. 






Na segunda sesión, os alumnos visionaron o conto "Orellas de Bolboreta", e analizaron os sentimentos da protagonista, poñéndose no seu caso e pensando en posibles solucións desde una postura resilente. Finalizaron a sesión intercambiando ideas sobre como desenvolver esta destreza tan necesaria. Parabéns, rapaces!




Ningún comentario:

Publicar un comentario