martes, 26 de outubro de 2021

Fabulaforum en 2º ESO B

 Os alumnos de 2º ESO-B, supervisados pola súa titora Sara, tamén levaron a cabo a 1ª unidade do noso Plan de benestar Emocional. Tal e como podedes ver na entrada anterior, Fabulaforum é unha actividade que axuda a recoñecer as diferentes emocións e a traballar a resiliencia. 


Nunha 1ª sesión de posta en común, os alumnos recordaron as diferentes emocións que sentiron ao longo dos meses de confinamento. Logo de identificar cada emoción, buscaron os rasgos que as caracterizan no libro Emocionario. Como peche á unidade lemos  "Orellas de bolboreta", unha inspiradora historia de superación na que a protagonista encara os seus problemas con resiliencia.






Ningún comentario:

Publicar un comentario