Boas novas!
Encántanos Fabulaforum, un proxecto levado a cabo pol@s alumn@s de 3º ESO-B baixo a supervisión do seu titor, Daniel, cuxa finalidade é entender a importancia de emocións positivas e como levalas a cabo.
As actividades desenvolveronse en 3 fases:
- Fase inicial: a través dunha asemblea, introducimos o termo resiliencia, buscamos exemplos de situacións difíciles na nosa vida cotiá e intercambiamos ideas sobre como afrontalas.
- Fase intermedia: nesta fase atopamos inspiración de emocións positivas nun vídeo, Orellas de mariposa, a partir do cal elaboramos tarxetas para identificar de forma efectiva cada emoción.
- Fase final: simulamos problemas cotiás e os afrontamos con resiliencia. Por suposto, reflexionamos xuntos sobre o aprendido e o resumimos nesta conclusión:
Ningún comentario:
Publicar un comentario