luns, 13 de novembro de 2023

Charla para previr as adicións ás novas tecnoloxías

 Hoxe tivemos o privilexio de recibir a unha charla de Sisela, de CIMO, nunha amena e instructiva sesión sobre as adicións ás novas tecnoloxías. A través desta valioso encontro, mergullámonos no mundo das TIC, explorando as súas implicacións no noso día a día, as adicións que poden xurdir e as boas prácticas dixitais.

Foi unha xornada na que, xuntos e xuntas, analizamos e debatimos as fortalezas e debilidades das novas tecnoloxías. Afondamos nos riscos físicos e psicolóxicos que poden acompañar o seu uso, analizando dende os desafíos mentais até os impactos no noso corpo, e explorando os alcances que estas tecnoloxías teñen nas nosas vidas.

Esta enriquecedora charla foi dirixida aos grupos de 4º ESO, buscando concienciar e brindar ferramentas para un uso responsable e consciente das novas tecnoloxías. 

Fomentar a reflexión sobre estes temas é fundamental para que, como estudantes, esteamos preparados para afrontar os desafíos e aproveitar as oportunidades que as TIC nos ofrecen no mundo actual.



xoves, 9 de novembro de 2023

O Programa Vixía. Alimenta a saúde: a prevención dos TCA

 Hoxe, no noso centro, tivemos unha charla moi interesante con Gema do Programa Vixía do Concello de Ourense. O título da charla foi: "Alimenta a saúde, a prevención dos TCA."

A actividade foi dirixida ao grupo de 2º de ESO e abordaronse diversos temas necesarios e interesantes. En primeiro lugar, Gema falou sobre que son os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA), tocando conceptos como alimentos, nutrición e dieta. Destacou que a dieta mediterránea é a mellor e a máis saudable, e subliñou que unha dieta saudable é a base dun bo estado de saúde.

Conversamos sobre a influencia de diferentes tipos de dietas que promoven os TCA e profundizamos nos distintos trastornos asociados á alimentación. Ademais, descubrimos as consecuencias fatais destes trastornos e abordamos o xeito de proceder á hora de buscar axuda.

Sen dúbida, foi unha charla enriquecedora que nos fixo reflexionar sobre a importancia de coidar da nosa saúde e buscar apoio cando é necesario.

mércores, 25 de outubro de 2023

A Internet e as Redes Sociais. O programa Vixía.

 O noso colexio mantén a tradición de participar no Programa Vixía do noso Concello, unha sorte que compartimos unha vez máis. Esta semana, recibimos con entusiasmo a visita de Cristina, unha psicóloga especializada en Internet e os riscos que penden sobre os nosos cativos e cativas.

A charla, que tivo lugar co alumnado de 6ºEP, abriunos as portas ao coñecemento sobre os diversos perigos que atopamos por Internet e as Redes Sociais. Tamén nos iluminou sobre aspectos críticos do ciberbullying e brindou consellos valiosos para potenciar a nosa privacidade. Nestes tempos dixitais, cobra unha relevancia especial o coidado da nosa información persoal, que con frecuencia lanzamos á néboa da rede.

Ademais de nutrirnos de información, a actividade tamén nos conduciu a un exercicio de reflexión sobre os potenciais riscos do uso incorrecto das TIC e Internet. O obradoiro estimulou o noso pensamento crítico, facéndonos conscientes da importancia de facer un uso responsable destas ferramentas na nosa vida cotiá.

É crucial manter sempre presentes os riscos asociados a estas tecnoloxías, pois a prevención é un escudo vital. Iniciativas como a que gozamos esta semana son esenciais para capacitar á nosa mocidade coa información relevante e as habilidades necesarias para afrontar con intelixencia esta problemática.

As luces do coñecemento que se acenden grazas a programas como este iluminan o camiño das nosas alumnas e alumnos, axudándoos a navegar con seguranza nas augas complexas do mundo dixital.

venres, 20 de outubro de 2023

Congreso de coordinadores e coordinadoras de benestar e convivencia

    O pasado mércores día 18 de outubro, o noso centro contou coa presenza da nosa orientadora e coordinadora de benestar e convivencia no Congreso de coordinadores/as de benestar e convivencia celebrado en Santiago de Compostela, onde se destacou a importancia da Estratexia Galega de Convivencia Escolar e o fomento do benestar emocional e do bo ambiente nas aulas. 

    Asemade, tamén se puxo en valor o novo Plan de Benestar Emocional, un documento publicado ao inicio do curso que amplía e mellora a estratexia existente, a través de indicacións prácticas e sinxelas de aplicación de diferentes medidas.


    O programa do encontro incluíu relatorios que trataron cuestións como o papel do coordinador de benestar, a aplicación da normativa de protección de datos e o devandito Plan de Benestar Emocional. Tamén contou coa participación de expertos en educación emocional, como o doutor Rafael Bisquerra Alzina, e explorou recursos prácticos aplicables nos centros educativos.

    En resumo, dito encontró centrouse no fortalecemento do benestar emocional e da convivencia nas escolas de Galicia, proporcionando aos coordinadores de benestar as ferramentas e recursos necesarios para exercer a súa función de forma eficaz.



mércores, 21 de xuño de 2023

DESPEDIMOS O CURSO 2022/2023

 Outro curso máis; outra morea de aprendizaxes para non só o alumnado, senón tamén para o equipo docente e neste senso, desde o equipo de Orientación queremos darvos as GRAZAS.
GRAZAS  a todas as familias que integran a nosa comunidade educativa, por toda a confianza que depositan en nós. Grazas polo traballo en equipo. 
GRAZAS ao profesorado, polas peticións, colaboracións e por toda esa morea de papeis. Sen vós o noso traballo e sinxelamente imposible. 
E GRAZAS, sobre todo, ao alumnado, a todas e a todos os que algunha vez pasáchedes polo Departamento de Orientación ou pola clase da profe Laura e da profe Nerea. 
SODES INCREÍBLES! 



Non queremos despedirnos sen recalcar que a atención á diversidade é un ámbito indispensable no noso centro educativo, tendo en conta sempre a idea que emerxe das palabras de Xesús Jares: 

"debemos educar para a diversidade e non a pesar da diversidade, porque todos e todas e cada un de nós somos diferentes" 


FELIZ VERÁN!

xoves, 4 de maio de 2023

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

De novo, dende o Departamento de Orientación non queremos esquecer un día importante para toda a nosa comunidade educativa. O día 2 de maio. O día Internacional contra o Acoso Escolar. Segundo podemos consultar na páxina oficial do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a elevada incidencia desta problemática constitúe unha sinal de que, tanto na sociedade, como nas aulas, os niveis de convivencia e de respecto á diversidade non son os desexados. 
Por este motivo, debemos seguir establecendo dende os centros educativos, programas transversais e actividades específicas, co gallo de educar a toda a comunidade educativa nunha actitude activa contra o acoso escolar. 




No noso colexio,  hoxe  tivemos a sorte de contar con Carlos, profesional da Asociación Arela, que impartiu un obradoiro integrado no programa Ktorce 18. Este programa achega a lei do menor, reguladora da  responsabilidade penal das persoas menores de idade, para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos. Asemade, alumnos e alumnas de 1ºESO desfrutaron do devandito obradoiro, a través de diferentes dinámicas, identificando en que consiste o acoso escolar, e debatindo e tratando aspectos de casos reais.




venres, 28 de abril de 2023

PÉS PARA QUE VOS QUERO...SE TEÑO ALAS PARA VOAR...

 

 

      E xa pasou unha semana, dende o remate do Festival do Libro, e dende o Departamento de Orientación non podemos estar máis contentas da repercusión que a nosa exposición segue a ter no noso alumnado. 

     Unha exposición que nace dun traballo interetapas, co gallo de que os nosos alumnos e alumnas se aproximen á vida dunha das mulleres máis extraodinarias da nosa historia. Unha artista adiantada ao seu tempo, unha visionaria e abofé unha rebelde, que revolucionou a cultura a través da súa pintura e da política. Sen dúbida, unha muller que a pesar das súas dificultades físicas, conseguiu o éxito.




     Como vimos de comentar, a nosa exposición partiu dende as diferentes etapas. Primeiro foi 6ºEI, que despois dunha lectura dun libro de Frida Khalo, procedeu a dar cor a nosa exposición, creando caretas preciosas.



      En primaria, os alumnos de 5ºEP foron os protagonistas. Guiados pola profe NEREA, e a través doutro libro, repasaron a vida de Frida Kahlo, e versionaron diferentes obras coñecidas da artista. 




     Por último, os alumnos e alumnas de 4ºESO B, visionaron fragmentos da película de Frida e debatiron sobre as dificultades da súa vida e da repercusión social da súa obra.



     A nosa exposición pretende amosar diferentes libros, adaptados ás diferentes etapas, que tratan sobre a vida da artista e mesturando todas as manualidades realizadas nas actividades descritas. 




     Abofé, unha vez presentamos a nosa exposición, alumnos e alumnos do noso cole, visitárona e desfrutaron de todas os libros.





Grazas a todos e a todas por colaborar nunha actividade tan especial para nós.