venres, 28 de xaneiro de 2022

Día Mundial da Educación (VIII): María Montessori

 A clase de 1º ESO-A estudou a contribución á eduación de María Montessori, célebre educadora italiana que da nome ao coñecido método Montessori. Trátase dun método pedagóxico diferente ao tradicional xa que, en lugar de basearse nunha aprendizaxe homoxénea, estándar e académica, céntrase no desenvolvemento persoal e social de cada alumno.



María Montessori consideraba aos nenos como a esperanza da humanidade “O neno”, segundo Montessori, “ co seu enorme potencial físico e intelectual, é un milagre fronte a nós. Este feito debe ser transmitido a todos os pais, educadores e persoas interesadas en nenos, porque a educación desde o comezo da vida podería cambiar verdaderamente o presente e futuro da sociedade”.

Para fomentar o potencial de cada neno, o método baséase nestes 8 principios:

1) Pensamento e movemento: o pensamento e o movemento están estreitamente ligados. O movemento potencia o pensamento e a aprendizaxe.

2) Libre elección: a aprendizaxe e o benestar melloran cando as persoas senten que teñen control sobre as súas vidas. Desenvólvense a independencia, a vontade e a responsabilidade.

3) Interese: o neno aprende mellor cando está interesado no que está aprendendo. Axuda á comprensión e a concentración.

4) A recompénsa ha de ser interna: a realización do erro e a sensación de logro son internas. Contribúe á autoestima, ao sentido de responsabilidade e ao pensamento crítico.

5) Aprendendo de e cos pares: a aprendizaxe permanece mellor co exercicio de ensinarlle a outros. Promove o respecto, a tolerancia e a solidariedade.

6) Aprendendo dentro do contexto: a aprendizaxe situada en contexto significativo é máis profundo e rico que a aprendizaxe nun contexto abstracto.

7) O mestre como guía: o mestre observa e acompaña, posibilita ao neno actuar, querer e pensar por si mesmo, axudándoo a desenvolver confianza e disciplina interior.

8) Orde no ambiente e na mente: a orde externa e a secuencia no uso de materiais son beneficiosos para a orde interna do neno. Promove a claridade de pensamento e a concentración.

Grazas chic@s!

Ningún comentario:

Publicar un comentario