A clase de 3º B contribuíu ao Día da Educación explorando o legado dunha mestra excepcional, Anne Sullivan.
Anne Sullivan (1866-1936)
foi unha educadora estadounidense que dedicou a maior parte da súa vida a potenciar
o talento de Helen Keller, unha nena xorda, cega e muda, que foi quen de convertirse
en escritora e conseguir un título universitario.
Grazas á valentía de Anne
Sullivan,, a súa paixón polo que facía, a súa vitalidade, as súas ganas de
aprender, o seu talento, e a súa xenerosidade, Helen Keller foi quen desenvolver
a súa carreira profesional como prestixiosa escritora e como activista política
en defensa das persoas vulnerables e da paz no mundo. Todo un exemplo inspirador!
Para saber máis, fai clic
nesta ligazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario