Como xa adiantamos en anteriores entradas, hoxe celebramos no colexio o DÍA DA EDUCACIÓN.
Levamos días preparando actividades para reflexionar sobre a Educación. E ti...Algunha vez reflexionaches acerca de que é realmente a EDUCACIÓN? Sarramona, no ano 2000, escribiu que sen EDUCACIÓN non existe posibilidade de ser persoa, no sentido pleno da palabra.
A EDUCACIÓN é un dereito recollido no artigo
26 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948), onde se determina que
ten por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade e o fortalecemento do respecto
aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais.
Ten dúas dimensións básicas e ineludibles: a
dimensión transformadora e a integral. É dicir, a educación permítenos cambiar
a realidade e utilizala como ferramenta para a formación, tanto persoal,
académica e social.
En definitiva, debemos entendela como unha
forma de aproveitamento durante toda a nosa vida, que nos ofrece unha
actualización e enriquecemento constante, permitíndonos a adaptación a un mundo
que está en constante cambio.
Como mencionamos, as últimas semanas, no CPR
PLURILINGÜE PADRE FEIJOO ZORELLE, reflexionamos en que é a EDUCACIÓN e como se
vive esta noutros países. Nesta liña, o alumnado de Primaria visualizou o
documental “Camino a la escuela”, que
narra as dificultades de catro rapaces en diferentes países para chegar á
escola. Todos estes rapaces amosan un esforzo persoal increíble para poder
realizar un dereito tan evidente como negado a miles de nenos e nenas.
Para rematar, compartimos un vídeo realizado polo Departamento de Orientación, onde podemos desfrutar de todas as actividades realizadas nos últimos días polo alumnado do cole, e que culminou ca montaxe do mural na entrada do noso centro.
Feliz día da EDUCACIÓN a todos e a todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario