Con motivo do Día Mundial da Educación, a clase de 3º ESO-A estudou o legado de Concepción Arenal (1820-1893), a intelectual ferrolá que defendeu no século XIX a igualdade entre homes e mulleres e reivindicou o libre acceso á educación.
A súa firme convicción por
aprender guiou os seus primeiros anos de vida, aínda cando a súa familia opúñase
a que cursara estudos superiores. De feito, a pensadora galega asistíu a clases
na universidade vestida de home!
Ao longo da súa vida,
Concepción Arenal escribiu varias obras nas que defendeu que as mulleres
puidesen dedicarse a profesións que ata entón lles estaban vetadas. No seu
ensaio A educación da Muller escribiu: "É un erro grave e dos máis perxudiciais,
inculcar á muller que a súa misión única é a de esposa e nai [...]. O primeiro
que necesita a muller é afirmar a súa personalidade, independientemente do seu
estado, e persuadirse de que, solteira, casada ou viuda, ten dereitos que
cumprir, dereitos que reclamar, dignidade que non depende de ninguén".
Para saber máis, fai clic nesta ligazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario