A aportación do alumnado de 1º ESO-B ao Día da Educación céntrase na figura dun docente inspirador, César Bona.
César Bona (1972) é un
profesor de educación primaria que transformou a súa aula nun centro de Zaragoza
nun exemplo de renovación pedagóxica no que o alumnado foi protagonista activo do
proceso de aprendizaxe a través da experimientación, a reflexión crítica, o diálogo
e a reflexión conxunta. Autor de “A nova educación. Os retos e desafíos dun
mestre de hoxe” e “As escolas que cambian o mundo”, César Bona aboga por unha escola
innovadora que humanice a educación.
Para saber máis, fai clic
nesta ligazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario