martes, 25 de xaneiro de 2022

Día Mundial da Educación (V): Howard Gardner

O traballo da clase de 2º ESO-B para o Día Mundial da Educación  versa sobre Howard Gardner (1943), psicólogo e profesor da Universidade de Harvard, mundialmente coñecido como o pai da Teoría das Intelixencias Múltiples.


Ao inicio da súa traxectoria profesional, Gardner advertíu que o intelecto, clave para a obtención de méritos educativos non é un factor decisivo para coñecer a intelixencia dunha persona. 


Cada persoa, segundo Gardner ten alomenos oito tipos de intelixencia ou habilidades. Estas habilidades traballan xuntas e cada persoa desenvolve unhas máis que outras. Diferentes culturas e segmentos adoitan pór en valor unhas habilidades sobre outras:

  • Intelixencia lingüística: A habilidade de expresarse usando as linguas de forma oral ou escrita.
  • Intelixencia lóxico-matemática: A habilidade para a resolución de problemas aritméticos, xogos de estratexia e experimentos.
  • Intelixencia visual e espacial: A abilidade de para deseñar e crear figuras e espazos.
  • Intelixencia musical: a habilidade para discriminar os sons, reproducilos e crear composición musicais.
  • Intelixencia corporal cinestésica: A habilidade para procesar o coñecemento a través das sensacións corporais que requiren forza, rapidez, flexibilidad, coordinación óculo-manual e equilibrio.
  • Intelixencia naturalista: A habilidade de interactuar coa contorna natural.
  • Intelixencia interpersonal (intelixencia social): A habilidade de interactuar con outras persoas en todo tipo de situacións
  • Intelixencia intrapersonal: A habilidade de entenderse a un mesmo e de identificar emocións.

Grazas a Gardner, moitos de nós somos capaces de valorar as nosas fortalezas e debilidades e a dos demais e a tomar decisións para potenciar as primeiras e minimizar as segundas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario